Ábrese o prazo para participar nas actividades dirixidas, en especial, ao público xuvenil convocadas polo Concello de Soutomaior. Como cada trimestre á oferta é moi variada. Neste trimestre no eido formativo destacamos o curso de fotografía nivel iniciación, o curso de técnicas de estudo, o curso de monitor/a de comedor escolar e o curso de manipulación de alimentos.
No mes de abril realizaremos un obradoiro Incubadora de proxectos en colaboración xoa Xunta de Galicia dirixido a todos aqueles mozos e mozas interesados en presentarse á convocatoria de axudas de Iniciativa Xuvenil ou coñecer proxectos como Galeuropa, Erasmus+ ou realizar voluntariado xuvenil en europa ou aquí. Será unha xornada moi práctica cunha duración de 1 h á que se lle sacará moito partido.
No mes de abril tamén se poderá visitar desde o 26 de abril ata o 10 de maio no Multiusos a exposición de fotografía Éxodus: na procura de refuxio" mediante a cal se documentan as vivencias das persoas refuxidas que veñen a Europa fuxindo de diversos conflictos bélicos.
En maio, mes das Letras Galegas, haberá unha Xincana Literaria na Alameda Talo Río o sábado 13 na que pdoerán participar persoas en idades comprendidas entre o 4 e 14 anos. Haberá que inscribirse previamente e será de balde. Todas as probas teñen como temática a cultura galega: xogos populares, escritores/as, etc.
Tamén se pechará o prazo para participar no Concurso Verbas para comunicar o día 28 de abril dirixido a mozos e mozas de 12 a 20 anos. As bases poden consultarse na web www.soutomaior.com
Na área de prevención, organizamos dentro do programa municipal Moceando dous obradoiros cos que colabora o Centro Quérote de Vigo sobre relacións afectivo sexuais e identidade. O obradoiro Diversos/as tocará temas como a orientación do desexo nas relacións e o obradoiro Seguro Pracer tocará temas sobre a prevención de embarazos non planificados e de enfermidades de transmisión sexual así como a corresponsabilidade no uso de preservativos.
O 22 de maio ábrese o prazo de inscrición para participar no Encontro da Mocidade que se celebra en San Simón e que se desenvolverá desde o 21 a 24 de agosto e que vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 17 anos (ambas incluídas).
Xa para rematar, avanzamos as datas das actividades do inicio do verán: venres 16 de xuño o festival Danzarte, 30 de xuño e 1 de xullo representacións de fin de curso da Escola Municipal de Teatro e sábado 8 de xullo Concurso de Karaoke.
Para recibir máis información sobre estas actividades podedes achegarvos á OMIX, enviarnos un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., chamarnos ao número 986700822 ou ben consultar as web www.soutomaior.com ou www.gabinetesoutomaior.com