O Concello de Soutomaior organiza un ano máis esta actividade de AQUAGYM NA PRAIA DA MUXEIRA que comeza o martes 4 de xullo.
Trátase dunha actividade de baixo impacto porque se realiza no medio acuático, e combina o traballo cardiovascular con exercizos de tonificación muscular e coordinación. é unha boa forma de facer exercizo no verán e manterse en forma.
Vai dirixida a calquera persoa de calquera condición física, que busque facer exercizo de forma saudable no medio acuático.
-
Datas e horario: os martes e xoves de 18 a 19 h (desde 04/07/17 ata o 01/08/17)
-
Recomendacións: levar roupa de baño e fanequeiras.
-
Lugar: praia da Muxeira en Arcade.
-
NON fai falta inscribirse previamente
Máis información sobre esta actividade na OMIX, 986 700 822 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.