Mércores, 29 Agosto 2018 12:08

Vespa velutina

Vespa velutina

Sensibilizada co sector, cos seus retos e problemas a Consellería do Medio Rural puxo en marcha, en colaboración con outros departamentos da administración autonómica e local así como con representantes do sector apícola o Programa de Vixilancia e control da Vespa Velutina en Galicia, no que tamén intervén a cidadanía en xeral no ámbito da detección de individuos ou de niños desta vespa.

Con este programa preténdese dar unha resposta rápida e eficaz á aparición deste insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas.

Calquera persoa que detecte un niño destas vespas pode comunícalo aos teléfonos 012 ou 112 onde o persoal adscrito ao programa realizará as actuacións precisas co fin de retirar ou neutralizar o niño.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1267 veces


Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Punto limpo móbil en Romariz

02-03-2020 / Medio Ambiente

A partir do martes 3 de marzo de 2020, o punto limpo móbil do concello de Soutomaior situarase nas inmediacións da escola de educación infantil de Romariz para prestar o servizo de recollida daqueles residuos xerados nos fogares que non se poden depositar nos contedores habituais das rúas. Cómpre sinalar que este servizo foi posible grazas á concesión dunha axuda dos...

Valor dos insectos para o medio ambiente “ Bicheando”

30-12-2019 / Medio Ambiente

Máis de 30 nenos e nenas do Concello de Soutomaior participaron esta semana nas xornadas de concienciación ambiental.  A iniciativa incluía actividades e xogos adaptados a todos os grupos de idade para poñer en valor os beneficios e a importancia dos insectos e os pequenos animais para o medio ambiente. Baixo o nome de “ Bicheando”, estas xornadas teñen como obxectivo presentar...

Programa educativo de Brigadas Ecolóxicas Xuvenís

16-12-2019 / Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior presentou ante case 80 alumnos de 1º da ESO o seu programa educativo “Brigadas Ecolóxicas”. Un proxecto realizado coa colaboración do Departamento de Bioloxía do IES Soutomaior que ten como obxectivo fomentar a concienciación ambiental entre o alumnado do centro a través diversas accións e iniciativas.  Ademais, o Concello colaborará achegando novos materiais de reciclaxe para formar...

Posto Informativo sobre compostaxe.

25-11-2019 / Medio Ambiente

Alameda Talo Río – Martes 26 de Novembro de 10 a 13 horas. A compostaxe é a maneira de converter os biorresiduos –que supoñen o 53 % da bolsa do lixo municipal nun produto fertilizante. Consiste nun proceso aerobio (con aire) e termófilo (con aumento de temperatura) no que están implicados organismos e microorganismos naturais e no que é necesario mesturar residuos...

Estudo fitosanitario das árbores da carballeira do Peirao de Arcade

21-11-2019 / Medio Ambiente

Os últimos temporais han pasado factura á carballeira do Peirao de Arcade provocando o desprendemento de varias ramas. Por iso, e tras pechar o acceso á zona por motivos de seguridade, o Concello de Soutomaior solicitou á estación fitosanitaria de Areeiro un estudo para coñecer o estado de saúde das árbores e poder abordar as posibles solucións. Os técnicos da estación...

Instalación de composteiros nos Centros Educativos

24-10-2019 / Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior acaba de instalar seis novos composteiros en todos os centros educativos do municipio. A medida servirá para reducir os residuos xerados polos centros, principalmente polos comedores escolares, á vez que serve para inculcar hábitos de reciclaxe responsables co medio ambiente entre os alumnos e alumnas. En total instaláronse seis unidades de compostaxe doméstica nos cinco centros educativos do...

TV Concellería de Medio Ambiente