A Escola
A Escola Municipal de Teatro, do Concello de Soutomaior comezou a súa andaina no ano 2002.
Obxectivos
Obxectivos

Desde o inicio do curso no mes de outubro a escola realiza moitas actividades ademais da preparación dunha obra que representa coincidindo co final das clases, saídas, exposición “A escola día a día”, festa de fin de curso,...
-
Descubrir e fomentar os recursos expresivos e comunicativos dos/as nenos/as.
-
Estimular a fantasía, desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas.
-
Preparalos/as para o xogo dramático espontáneo e libre, vencendo a vergonza e a timidez e motivando o traballo en equipo, cooperativo e solidario ó tempo que se fomenta a non discriminación de xénero na interpretación de accións e personaxes.
-
Aprendizaxe activa e goce do noso folclore infantil poético (cancións, ditos, etc.,) e dos xogos tradicionais galegos sen diferenciar entre os considerados pola tradición “xogos de nenos e de nenas”.
-
Desenvolver as destrezas manuais en todo tipo de actividades plásticas.
-
Concienciación sobre o coidado do contorno urbano e natural.
-
Fomentar o hábito da lectura como goce.
-
Familiarizar os/as nenos/as coa escoita de contos e a súa participación nas sesións de contacontos.
-
Favorecer a fluidez na expresión oral e escrita.
Contidos teórico - prácticos
Contidos teórico - prácticos

-
A Interpretación
-
Expresión oral
-
Expresión corporal
-
Voz
-
Música e Coreografía
-
O corpo, elemento fundamental no proceso de aprendizaxe (mobilización, desinhibición, expresión)
-
O Eu e o grupo (socialización)
-
O espazo, e os elementos (experimentación cos sentidos).
-
Crear, expresar e comunicar (dramatización)
-
Prácticas de aula
-
Voz, respiración, fonación, articulación, entoación musical, técnicas corporais, relaxación, lectura expresiva, improvisación, dicción e vocalización, lectura de textos dramáticos, baile e posta en escena.
Prácticas de Aula
Prácticas de Aula

Durante as clases trabállanse moitos outros contidos que teñen que ver co currículo oculto da ensinanza falamos de temas como a educación en valores, igualdade de xénero, habilidades sociais (falar en público, a autoestima) o que proporciona a estas clases un valor engadido moi valorado polas familias que consideran esta actividade como moi atractiva e interesante para a formación dos/as seus/súas fillos/as. Por tanto, a través do XOGO e da MÚSICA como elementos dinamizadores para traballar as distintas áreas:
-
Expresión plástica
-
Expresión musical
-
Expresión dramática
Faremos exercizos de:
-
Presentación
-
Sensibilización
-
Mobilización
-
Relaxación
-
Dinámica de grupo
-
Xogo dramático
-
Desinhibición
-
Dramatización
PInscricións
Descargar adxuntos: