
O Concurso “VERBAS PARA COMUNICAR” consiste na presentación dun traballo en lingua galega que pode ser presentado en formato texto - redacción ou audiovisual no cal se transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., que queiramos comunicar e compartir con outras persoas.

Un texto en lingua galega que transmita unha idea, sentimento, etc. Só presentación individual. O tamaño do texto non poderá ser superior ás 12 liñas.

Elaboración dun vídeo (curta) ou audio (tema musical ou outros) cunha duración máxima de 5 minutos. Pode presentarse de xeito individual ou grupo/clase.
Verbas para comunicar
Promoción do uso da lingua galega entre a mocidade
e conmemoración do día das Letras Galegas.
Que é
Que é?
Co gallo do Día das Letras Galegas o Concello de Soutomaior promove este concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega.
Un dos obxectivos da Concellería de Xuventude é o de fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade para que esta sexa usada de xeito espontáneo e natural en todos os contextos sociais e de relación. Poñendo o foco na lingua como un elemento que suma e que nunca resta, un elemento diferenciador que nos enriquece social e culturalmente a todos e a todas.
O Concurso “VERBAS PARA COMUNICAR” consiste na presentación dun traballo en lingua galega que pode ser presentado en formato texto - redacción ou audiovisual no cal se transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., que queiramos comunicar e compartir con outras persoas.
Obxectivos
OBXECTIVOS
- Promover a comunicación da mocidade para que expresen o que senten, pensan ou queren dicir usando a lingua galega.
- Normalizar e fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade, fóra de contextos formais e institucionais, dun xeito atractivo e lúdico.
- Visilizar o uso da lingua galega en contextos culturais, de lecer e tecnolóxicos para potenciar os seus valores como unha lingua próxima, útil e moderna e rachar estereotipos.
Destinatarios/as
DESTINATARIOS/AS
-
Mozos e mozas matriculados/as nalgún curso da ESO ou Bacharelato e que estuden no IES Soutomaior ou no Colexio Santiago Apostol.
Categorías/Modalidade
CATEGORÍAS/MODALIDADE
Categorías:
- Categoría A: 1º, 2º, 3º ESO
- Categoría B: 4º ESO, 1º e 2º BACH
Modalidades:
1) Redacción: dun texto en lingua galega que transmita unha idea, sentimento, etc. Só presentación individual. O tamaño do texto non poderá ser superior ás 12 liñas.
O soporte será o papel ou cartolina e o seu tamaño non poderá superar un folio A4, pero si poderá ser inferior a este. O formato de presentación do papel ou cartolina será libre.
2) Audiovisual: elaboración dun vídeo (curta) ou audio (tema musical ou outros) cunha duración máxima de 5 minutos. Pode presentarse de xeito individual ou grupo/clase. Pode ser gravado con móbil ou cámara. Obrigatorio que teña mensaxe en galego escrita ou verbal.
Datos Xerais
DATOS XERAIS
- A temática será libre.
- Todos os traballos que se envíen en calquera das modalidades deberán estar expresados correctamente en lingua galega, sen faltas de ortografía.
- Cada persoa ou grupo poderá presentar un único traballo que deberá ser inédito.
- A organización desbotará e non entrarán en concurso aqueles traballos que conteñan mensaxes discriminatorias, sexistas, violentas, groseiras ou ofensivas.
- Os traballos premiados exporanse na web e cando remate o concurso aparecerán co nome e apelidos dos/as autores/as os traballos premiados.
NOVAS VERBAS PARA COMUNICAR
28-03-2023 / Verbas para comunicar
Co gallo do Día das Letras Galegas, promovemos este concurso relacionando a comunicación, a mocidade e a lingua galega. Para...
01-06-2021 / Verbas para comunicar
Agustin Reguera, Alcalde do Concello de Soutomaior e Noelia Ocampo, Concelleira de Xuventude entregan os premios do Concurso Verbas para...
30-03-2021 / Verbas para comunicar
Co gallo do Día das Letras Galegas o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, promove este Concurso...
CATEGORÍA A
CATEGORÍA B
CATEGORÍA A
14468 Choven verbas
14461 Ondas
14480 Soutomaior News
14476 Santa Compaña
14481 Poema
14479 Soutomaior
CATEGORÍA B
14548 O Ciclo Repítese
CATEGORÍA A (Individual)
14468 Choven verbas
14467 Deberes
14481 POEMA
14479 Soutomaior
14461 ONDAS
14480 SOUTOMAIOR NEWS
14476 SANTA COMPAÑA
CATEGORÍA A (Grupal)
14481 Soutomaior
CATEGORÍA B (Grupal)