O Santiago Apóstol deu por remtado o programa
O Santiago Apóstol deu por remtado o programa "Camiño a dentro"
O Concello de Soutomaior participou no programa " Camiño a dentro": dez acccións de mulleres artistas para pór en valor o Camiño Portugués impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. O proxecto desenvolveuse en dez concellos polos que pasa a ruta central e a da costa e inclúe desde teatro, poesía e música a instalacións artísticas, videocreacións, ilustración e fotografía. O programa comezou o 3 de outubro e remataou o venres 25 de outubro ás 12 h no CPR Santiago Apostol de Soutomaior cunha acción escénica da artista Helen Bertels. Esta actriz e creadora alemá afincada en Santiago de Compostela desde 1999 ten unha ampla traxectoria artística dándolle prioridade na actualidade ao que quere expresar mantendo unha estreita relación co mundo da muller. “Camiño A Dentro” afondou, cunha ollada cultural, na relación entre Camiño e territorio e na interacción entre a veciñanza e os peregrinos e peregrinas. Ten como obxectivo pór en valor o Camiño desde unha perspectiva cultural contemporánea, recoñecer o labor das mulleres artistas e propiciar o encontro coa comunidade local e os peregrinos e peregrinas. O proxecto conta coa particip...
"Fenómenos do rural" do 1 ao 30 de outubro
Hai obras que son espectaculares e belas, non só pola forma na que están realizadas, senón tamén pola idea, os valores e sentimentos que están detrás. Isto pasa coas pinturas de Joseba Muruzabal, unhas impresionantes pinturas que esconden un honesto obxectivo: destacar a figura da muller rural. O artista inmortalizou en paredes e lenzos a algunhas mulleres galegas. Trátase de mulleres rurais de avanzada idade ás que o artista dotou dunhas características e habilidades especiais, como unha forza sobrenatural ou outros superpoderes. Dendo o día 1 ao 30 de outubro a Concellería de Igualdade organizou unha exposición no multiúsos de Arcade onde se pode atopar parte das obras de Murazabal, todo un artista e referente á hora de retratar á muller rural.
Obradoiro
Obradoiro "Xogos con risas aseguradas"
Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro "Xogos con risas aseguradas". Este obradoiro realízase no marco do programa Tecnedo Lazos da Deputación de Pontevedra co que colabora o Concello de Soutomaior. O O obradoiro comezará o 9 de novembro e rematará o 21 de decembro de 2019. Poderán participar persoas a partir dos 6 ata os 99 anos. Trátase dun obradoiro interxeneracional co que se pretende a través do xogos e da risoterapia mellorar a relación entre maiores e pequenos/as para aumentar a empatía e considerar a importancia que esta ten no día a día, ademais de rir e aprender a divertirse. Durante o obradoiro o grupo desenvolverá un montón de xogos e dinámicas como as batallas de culler, a caixa de disfraces, o supermercado, etc. E, a maiores, o grupo participará nunha dinámica sobre " A historia do meu Concello". O prazo de inscrición remata o 31 de outubro. As inscricións realizaranse na OMIX en Arcade. As datas de realización serán: sábados de 17 a 19 h no Local Municipal de Terceira Idade en Talo Río.
Xuventude oferta varias actividades dirixidas ao público xuvenil
Xuventude oferta varias actividades dirixidas ao público xuvenil
O Concello de Soutomaior convoca novas actividades programadas desde a Concellería de Xuventude dirixidas ao público xuvenil fundamentalmente pero abertas a todas as idades. Dende a Concellería organizan distintas actividades como poden ser: DANZA DO VENTRE BAILES LATINOS DANZA URBANA CONTEMPORÁNEA GUITARRA: española ESCOLA MUNICIPAL DE COCIÑA PARA XÓVENES ESCOLA MUNICIPAL DE DEBUXO E PINTURA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO Aínda que gran parte das actividades xa deron comezo aínda quedan prazas en moitas outras, e como di a concelleira Noelia Ocampo todo aquel ou aquela que queira anotarse pode facelo a través da páxina web do gabinete de prensa de Soutomaior ou ben acudir a OMIX e facer alí a inscrición .(www.soutomaior.com/xuventude)
Mesa de coordinación para a atención das vítimas de violencia de xénero.
Mesa de coordinación para a atención das vítimas de violencia de xénero.
O Concello de Soutomaior continua coa súa loita contra a violencia machista, para iso organizou a súa sétima mesa de coordinación para a atención integral das vítimas de violencia de xénero. Unha cita interinstitucional que integra o ámbito educativo, sanitario, aos servizos sociais e aos corpos de seguridade para crear redes de traballo e sistemas de coordinación que axilicen e melloren a resposta fronte a esta secuela. A mesa contou coa participación da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López, os alcaldes de Soutomaior e Pazos de Borbén, Agustín Reguera e Andrés Iglesias, a edil de igualdade, Cristina González, a xefa da unidade que combate a violencia contra a muller, Manuela Vilaboi, técnicos de igualdade de Soutomaior, Vilaboa e Pazos de Borbén, así como os representantes da Garda Civil de Moaña, Fornelos de Montes e Soutomaior. O grupo de coordinación ten como obxectivo principal o perfeccionar esta ferramenta operativa na que están representados todos os ámbitos municipais para que tanto os roteiros establecidos para a axuda ás vítimas, como todos os servizos e atencións ofrecidas no centro, sexan o máis efectivas e temper...
O pavillón da  Montesiña da por rematadas as obras de mellora
O pavillón da Montesiña da por rematadas as obras de mellora
Con motivo da posta en servizo da remodelación do pavillón municipal tivo lugar un festival deportivo no que interviron os clubs de Patinaxe Artística Soutomaior, Kick Boxing Club Arcade e Club Treboada de ximnasia rítmica e acrobática. Máis de 160 deportistas dos tres clubs, que forman parte das escolas deportivas, puxeron a proba as remodelacións desta instalación deportiva onde se procedeu á substitución do pavimento deportivo tipo areaelástico con acabado de haxa sobre soportes elásticos de caucho. Realizouse o desmonte e retirada da instalación de fontanería actual en ferro galvanizado, elementos de conexión, chaves de paso, válvulas mesturadoras, fluxores, chaves e rociadores e substitúense por novas unidades temporizadas. En canto á iluminación interior do pavillón púxose en marcha o cambio de 18 unidades de proxectores colocados na estrutura da cuberta, actualmente de halogenuro de 400 W, por novas unidades de campá con fonte de luz Módulo LED de 165 W cun fluxo luminoso de 20500 lm. Tamén na zona exterior cambiáronse 8 unidades na pista de tenis e e 4 unidades na pista de pádel. Substituiranse os taboleiros de baloncesto por uns de metacrilato ...
Pleno ordinario mes de Setembro
Pleno ordinario mes de Setembro
O Concello de Soutomaior celebrou o pasado xoves o pleno ordinario pertencente ao mes de setembro, no mesmo abordárose varios temas entre eles a reforma do Tanatorio do Concello
As carrilanas ofreceron espectáculo nas rúas de Arcade de Riba
As carrilanas ofreceron espectáculo nas rúas de Arcade de Riba
A proba disputouse nun circuíto polos viais do barrio de Arcade de Riba ( Pozovello) foi puntuable para a Copa Galicia. A competición percorreu por terceiro ano consecutivo as costas deste barrio de Arcade cunha baixada que ofrece un circuíto de 1.200 metros de lonxitude, e sobre todo moi técnico para poñer a proba a pericia dos participantes. Algunhas das carrilanas alcanzaron medias superiores aos 60 quilómetros por hora, con velocidades puntas ata de 80, o que pon de manifesto a espectacularidade do trazado. Organizou esta baixada a Asociación veciñal e Cultural Pozovello que conta coa colaboración do Concello de Soutomaior e a supervisión da Federación de deportes de inercia.
"Historias na Illa" O cine como temática no programa Encontro da Mocidade
O Concello de Soutomaior ven de rematar o programa xuvenil Encontro da Mocidade que se realizou desde o 19 ata o 22 de agosto na Illa de San Simón. Este programa consistiu en ofrecer unha proposta de participación facilitadora de espazos de encontro e interacción entre a mocidade do municipio en contextos informais e espazos naturais para traballar temas culturais que resulten de interese para a mocidade mediante metodoloxías lúdicas e creativas. Nesta ocasión a temática estivo baseada no cinema cunha particular visión o CINEMA 3.0. As persoas participantes atopáronse durante a súa estancia en San Simón cun prató de cinema xa que a cinefilia, impregnou todas as actividades e tivo presente a historia da Illa poñendo en valor o seu patrimonio material e inmaterial. Durante este encontro traballouse por grupos de idade, segundo o desenvolvemento evolutivo dos participantes. Vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos. A metodoloxía de traballo foi lúdica, dinámica e divertida na que se fomentou o traballo en equipo e a cooperación baseada en todo momento no xogo e a diversión como método didáctico para que as persoas participantes sexan as verdadeiras prot...
Soutomaior conta coa remodelación da primeira pista de padel.
Soutomaior conta coa remodelación da primeira pista de padel.
O Concello de Soutomaior inaugurou a renovación da que fora a primeira pista de padel do municipio e de toda a comarca. A actuación foi presentada na mañá do luns durante a visita do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, ao complexo deportivo A Montesiña. A renovación da pista principal de padel supuxo unha inversión de 25.000 euros que foron destinados á substitución da maioría dos elementos do recinto. Así, como o actual peche da pista, construído con ladrillo e rede metálica, substituíuse por paredes de cristal, como nas outras dúas pistas do complexo deportivo. Ademais, substituíuse completamente o tapete de céspede artificial da pista por outro máis moderno e de mellores prestacións. Por último, as novas paredes translúcidas mellorarán as condicións lumínicas do recinto, substituiranse todas as luminarias da pista por novas lámpadas led.
Pleno extraordinario Concello de Soutomaior
Pleno extraordinario Concello de Soutomaior
Na mañá de onte tivo lugar o pleno extraordinario no Concello de Soutomaior, a medida a tratar con urxencia é a posible creación antigo peirao de Duchess, en Rande, dunha base para o movemento de contedores baleiros , clave para garantir o funcionamento da terminal. grupos ecoloxistas, veciñais e confrarías opóñense á medida xa que produciría un importante impacto medio ambiental para a Enseada incluíndo o sector marisqueiro que podería afectar ao propio Concello.
As actividades de verán visitan o Centro Tecnolóxico do Granito
As actividades de verán visitan o Centro Tecnolóxico do Granito
O Concello de Soutomaior volve un ano máis a celebrar as actividades de Verán que tanto éxito teñen entre os rapaces e rapazas do Concello, como todos os anos a duración das actividades lúdicas duran un mes o de xullo, o propio Concello é quen organiza as saídas dos grupos e como todos os anos a diversidades de actividades é un dos aspectos máis fortes. O geupo D visitou na mañá do martes as instalacións de MINERGAL que están no Centro Tecnolóxico do Granito, en O Porriño. Un lugar privilexiado, xeolóxicamente falando, porque se atopa un dos xacementos máis grandes do mundo dunha soa variedade de granito: o Rosa Porriño.