Ensino
Ensino +
Axenda Ensino
OBRADOIROS
Do: 01-05-2024
ó: 31-12-2024
ata: 31 Dic 2024
Sábado 11 May 2024Camilo José Cela Natalicio (1916-2002) Nobel de Literatura en 1989 |
O Concello de Soutomaior promove a educación medio ambiental baixo o lema SI QUERO, COLABORAR. Este programa iniciado no ano 2018 xa vai pola segunda acción que concluirá este domingo coa posta en marcha dunha campaña de información e sensibilización sobre os residuos que xeramos e que facemos con eles. A acción de campo realizarase este domingo 15 de xullo na Ponte Colgante de Soutomaior pola tarde desde as 17 h ata as 20 h. Un grupo de persoas voluntarias colacarán uns paneis informativos nos que se recollen varias problemáticas medio ambientais en relación ós residuos que deixamos na natureza e quepolo que contaminan ou polo tempo que tardan en degradarse cando nos os reciclamos nin os deixamos nos colectores.
Ademais, da colocación dos paneis onde se recolle a información básica da campaña tamén haberá un apartado específico na web do Concello no que se ampliará a información e á cal se poderá acceder a través da lectura dos códigos QR dos paneis. Trátase de que a campaña teña in impacto directo sobre as persoas que se achegan a visitar ou a pasar o día nese entorno da Ponte Colgante pero tamén de chegar a outras persoas que vexan a campana na web porque é unha problemática que ocorre noutros moitos lugares.
Os paneis foron deseñados polas persoas voluntarias nun obradoiro previo onde foron formados sobre estas problemáticas. Estes paneis estarán colocados na Ponte Colgante ata finais de verán e logo permanecerán na web de xeito permanente.
Para recibir máis información sobre esta accións e sobre futuras acción voluntarias que o Concello de Soutomaior poña en marcha podedes consultar a web www.gabinetesoutomaior.com ou enviar un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
Ensino
05-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Pechamos unha nova edición de Divulgaciencia ca gran Feira da Ciencia que celebramos onte en Talo Río. Media centena de alumnos e alumnas expuxeron os seus proxectos e outros tantos participaron nas múltiples visitas guiadas que se celebraron ao longo do día. Ademais, houbo tempo para entregar felicitar aos premiados e para un espectáculo científico que deixou a todos anonadados. Desta forma...
02-05-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Soutomaior presenta a II Feira de Ciencia que terá lugar o xoves 4 de maio en Talo Río (carpa) durante todo o día desde as 10.00 h. Ao longo da...
02-05-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Unha experiencia medio ambiental diferente, para afondar no parque Nacional das Illas Atlánticas e durante a cal as persoas inscritas fixeron o percorrido da Pedra da Campá para logo continuar...
14-04-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Un ano máis, o alumnado do noso Concello estase achegando ao mundo da ciencia grazas ao programa Divulgaciencia. Hoxe tocoulle o quenda aos alumnos e alumnas do IES Soutomaior, que...
06-03-2023 / Roteiros Medioambientais (Ensino)
Máis de 20 persoas gozaron onte do Roteiro pola zona de Oia. A choiva non nos parou e os participantes puideron aproveitar o paseo pola natureza e as vistas. Este tipo...
10-02-2023 / Divulgaciencia (Ensino)
Hoxe inauguramos a segunda edición de Divulgaciencia, o Plan que levará aos institutos do Concello unha gran variedade de actividades que pretenden ampliar os seus coñecementos e espertar a vocación...
04-12-2022 / Ensino
Onte tivo lugar a primeira sesión de “Capacidades, si moitas”, a campaña do Concello con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No Multiúsos recibimos a visita das asociacións...
12-08-2022 / Ensino
O alcalde achegouse onte ata os Peares, onde preto de 50 mozos e mozas de Soutomaior están a participar nun campamento de inmersión lingüística en inglés. Además de recibir clases de...
Ensino +