Alcaldía
Alcaldía +
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, desprazouse onte ata a sede de Augas de Galicia en Santiago para participar no proceso aberto polo ente autonómico para decidir o futuro da 'Presa do Inferno'. Alí, tras coñecer as conclusións do último estudo técnico realizado, o alcalde aproveitou o trámite de audiencia aberto no expediente para mostrar oficialmente o apoio de Soutomaior á demolición da presa e a recuperación do leito natural do río Verdugo.
Así, aínda que as conclusións do informe son precisas e avoga claramente pola retirada da central hidroeléctrica, o estudo non ten carácter vinculante e a decisión definitiva sobre o futuro do aproveitamento correspóndelle á dirección de Augas de Galicia. Por este motivo, desde o Concello de Soutomaior remitirase nos próximos días unha carta apoiando as conclusións do informe e solicitando a retirada da presa.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, cualificou esta visita como “un paso máis para poder recuperar o leito orixinal do Verdugo” e lembrou que Augas de Galicia xa cualificou fai tres anos ao Verdugo como un río “moi modificado” como medida de protección ambiental incluída na Directiva Marco da auga Europea.
Do mesmo xeito, o edil indicou que a eliminación da presa e a posterior restauración do leito orixinal do rio implicaría a recuperación dun tramo de 2km do rio Verdugo e 5km do rio San Vicente, “o que supoñería un aumento da biodiversidade do río e melloraría a súa produtividade natural. Unha mellora que sería moi beneficiosa para os nosos sectores produtivos como o marisqueo e a hostalería”, finalizou Reguera.
Alcaldía
29-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o concelleiro de Obras e Vías, Ramón Fernández, achegáronse esta mañá ao Peirao de Arcade, onde xa está en funcionamento a primeira estación de carga das tres coas que contará o concello nas próximas semanas. Con este acto, ponse en marcha un novo servizo que durante os próximos tres meses, permitirá a calquera que...
25-04-2022 / Alcaldía
Tras semanas anunciándoo, o pasado venres e sábado, a veciñanza de Soutomaior por fin puido gozar da primeira Feira do Libro que se organiza no Concello. O evento, enfocado principalmente...
08-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, desprazouse onte ata a sede de Augas de Galicia en Santiago para participar no proceso aberto polo ente autonómico para decidir o futuro da...
07-04-2022 / Alcaldía
O alcalde, Agustín Reguera, acudiu onte xunto ao responsable da Protección Civil de Soutomaior, Carlos Bas, a unha sesión de información sobre o Plan de Emerxencia da Presa de Eiras...
06-04-2022 / Alcaldía
Onte, o alcalde, Agustín Reguera, reuniuse con Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta para facelo partícipe dos avances e logros que se conseguiron en Soutomaior e atopar as mellores formas de...
29-03-2022 / Alcaldía
O Concello de Soutomaior empezou coa colocación das novas placas que adornarán as fachadas de cada edificio e coas que se pretende facilitar a orientación de todo tipo de servizos...
14-03-2022 / Alcaldía
Esta mañá déronse cita no Pavillón Municipal da Montesiña varios responsables políticos que participaron na entrega dunha tenda de campaña aos efectivos da Protección Civil de Soutomaior. Esta nova carpa, equipada...
31-03-2021 / Alcaldía
O vindeiro luns día 5 de abril (luns de Pascua) está designado polo Pleno Municipal como festivo local polo que todas as instalacións municipais permanecerán pechadas
Alcaldía +