Alcaldía
Alcaldía +
![]() |
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, mantivo hoxe un encontro coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, na que obtivo o compromiso da Xunta de iniciar unha acción de investigación para avanzar na rexeneración dos bancos de ostra plana da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade.
O rexedor, que asistiu á reunión acompañado polo patrón maior da confraría, Gonzalo Reinoso, trasladou a importancia de recuperar unha especie de recoñecido prestixio no concello e que nos últimos anos viu reducida a súa produción polo impacto de distintos factores.
A conselleira do Mar e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, mostraron o compromiso da Xunta coa recuperación deste recurso e aclararon que se vai promover unha acción de investigación a través da Rede entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia (Redemar) para impulsar a rexeneración da ostra plana nos bancos adscritos á confraría local.
As representantes do Goberno autonómico detallaron que o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) vai facer un seguimento da poboación de ostra nos bancos do concello, especialmente na enseada de San Simón, para avaliar a súa situación ao tempo que se traballa na estabulación de reprodutores coa finalidade de multiplicar o número de individuos e repoboar os bancos naturais máis importantes.
O alcalde trasladou a súa colaboración á confraría de pescadores de Arcade para avanzar neste obxectivo e destacou a importancia de acadar a recuperación dunha especie que é un dos sinais de identidade do Concello e moi valorada tanto polos veciños como polos visitantes.
Alcaldía
14-04-2023 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, mantivo hoxe un encontro coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, na que obtivo o compromiso da Xunta de iniciar unha acción de investigación para avanzar na rexeneración dos bancos de ostra plana da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade. O rexedor, que asistiu á reunión acompañado polo patrón maior da confraría, Gonzalo Reinoso...
30-08-2022 / Alcaldía
Rematadas as obras de mantemento, insonorización e renovación da academia de Música da Banda Artística de Arcade, o pasado venres celebrouse a inauguración deste espazo, que luce agora moito mellor...
20-07-2022 / Alcaldía
A mochila da Luz, unha iniciativa que transporta unha luz acesa ao longo do Camiño de Santiago para homenaxear ás vítimas da pandemia, parou hoxe en Arcade. Un ano máis...
16-06-2022 / Alcaldía
O concello mantense do lado dos hostaleiros locais, que, como vén sendo habitual desde hai anos, non pagan ninguna taxa polas súas terrazas. Esta axuda, que pretende potenciar o sector da...
09-06-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior desprazouse onte ata Vila Nova de Gaia (Portugal) para participar nun evento no WOW Porto. Alí reuniuse con medios, axencias e influencers dedicados ao sector turístico...
27-05-2022 / Alcaldía
Onte, o alcalde de Soutomaior, e as concelleiras de Xuventude e Educación presentaron o programa ‘ Hai Plan! Soutoverán’. Trátase do programa xuvenil de Lecer e Tempo Libre deste verán...
29-04-2022 / Alcaldía
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o concelleiro de Obras e Vías, Ramón Fernández, achegáronse esta mañá ao Peirao de Arcade, onde xa está en funcionamento a primeira estación...
27-04-2022 / Alcaldía
Onte os veciños de Soutomaior puideron coñecer de primeira man o Plan de Emerxencia da actual Presa De Eiras. Nun acto celebrado no Multiúsos de Arcade no que, ademais do...
Alcaldía +