Emprego e Formación
Emprego +
A Escola Obradoiro de Alxán acolleu a presentación do novo taller de emprego organizado polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén.
O acto contou coa participación dos alcaldes de ambos os municipios, Agustín Reguera e Andrés Iglesias.
O ciclo ten unha duración de nove meses e está dirixido a persoas maiores de 25 anos que carecen dunha profesión, permitíndolles obter un certificado de profesionalidade que favoreza a súa empregabilidade ademais de supoñer unha oportunidade de reciclaxe para aqueles que despois de moito tempo traballando atópanse nestes momentos desempregados.
Debido ao éxito das convocatorias anteriores, o taller repetirá as especialidades de Operacións básicas de cociña e Servizos de Restaurante e Bar.
O taller de emprego “Rio Pequeno” debe o seu nome ao río que percorre e une ambos os municipios.
Unha das particularidades deste taller de emprego é a súa función social dentro do municipio a través de diversas actividades. En primeiro lugar, está a súa función de promoción dunha dieta equilibrada entre distintos colectivos da poboación mediante a realización de xantares saudables que os alumnos do taller prepararán e servirán. En concreto están programadas xornadas cos escolares dos distintos centros de ambos Concellos ademais de actividades con grupos da 3ª idade.
Outro dos obxectivos deste ciclo é a posta en valor da riqueza gastronómica local. Durante diversas xornadas temáticas centradas nos festexos tradicionais como a chula de Moscoso, o certame da camelia, a festa do ovo de Nespereira ou o nadal, os alumnos fomentarán o uso de produtos de tempada de orixe local incluíndoos en sobremesas e receitas propias destas datas e dándoos a probar aos visitantes. Do mesmo xeito organizaranse xornada destinadas a promocionar produtos locais como a ostra de Arcade, a cacheira de Pazos de Borbén ou o albariño de Soutomaior.
Por último, cabe destacar que este programa tamén inclúe xornada de portas abertas para que os diferentes empresarios do sector da hostalería da comarca póidanse achegar a coñecer o traballo realizado polos alumnos e sensibilizalos para a futura inserción laboral dos mesmos.
Emprego e Formación
05-01-2021 / Emprego e Formación
Desde onte, os demandantes de emprego en Galicia terán que volver renovar as súas solicitudes cada tres meses. Ata o de agora, durante un período extraordinario froito da situación xerada pola pandemia, este trámite realizábase de maneira automática. Para iso, as 54 oficinas do Servizo Público de Emprego en Galicia impulsarán a renovación por medios non presenciais: vía web (sen necesidade...
17-12-2020 / Emprego e Formación
Os concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén finalizaron o segundo taller de emprego que organizan de forma conxunta e que leva o nome do pequeno río co que limitan...
10-11-2020 / Emprego e Formación
O Concello de Soutomaior decidiu suspender a feira prevista para os días 13 e 26 do presente mes de novembro na Alameda de Talo Río. Tomouse a decisión a pesar dos...
18-05-2020 / Emprego e Formación
Desde o Concello de Soutomaior facilítase a incorporación dos comercios locais á plataforma dixital “Comprar en Galicia”. Comprar en Soutomaior nace como un directorio do comercio local do Concello de Soutomaior...
29-01-2020 / Emprego e Formación
O taller de emprego “ rio Pequeno”, organizado conxuntamente polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén, iniciou unha das actividades que esta iniciativa impulsa en beneficio dos veciños destes...
20-12-2019 / Emprego e Formación
A Escola Obradoiro de Alxán acolleu a presentación do novo taller de emprego organizado polos Concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén. O acto contou coa participación dos alcaldes de ambos...
11-02-2019 / Emprego e Formación
O GALP Ría de Vigo - A Guarda está organizando un curso de 10 horas de duración, repartidas en tres días, sobre turismo mariñeiro, para persoas do sector pesqueiro, marisqueiro...
22-11-2018 / Emprego e Formación
Os alcaldes de Soutomaior e Pazos de Borbén achegáronse onte a dar a benvida aos 20 alumnos do Obradoiro de hostalería “Rio Pequeno”, que organizan conxuntamente ambos os Concellos. O...
Emprego +