Martes, 15 Xuño 2021 13:55

Programa Respiro Familiar - Xunta de Galicia

Programa Respiro Familiar - Xunta de Galicia

A nova orde do programa Respiro Familiar xa está publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). O plan, destinado a persoas dependentes ou con discapacidade, facilitará o descanso dos seus coidadores habituais financiando ás cento por cento estancias temporais en residencias sen límite de tempo e cunha cobertura máxima de ata 1.500 euros. No caso de que se decida optar por un coidador no fogar, o custo para abordalo poderá ser de ata 1.000 euros.

A Xunta investiu un total de 600.000 euros na convocatoria deste ano, facilitando ademais os trámites para solicitar esta axuda. Isto supuxo a eliminación dos límites de renda, o custo da praza na residencia e o tempo limitado de 15 días como máximo para cada estadía. A través destas axudas, o principal obxectivo da Consellería de Política Social é facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos coidadores de persoas dependentes.

Poderase acceder a esta axuda ata o próximo 30 de novembro. Os requisitos consisten en presentar unha factura do servizo recibido, a condición de que fose posterior ao 1 de xaneiro deste ano, e un informe elaborado por un traballador social que o xustifique. Ademais, os beneficiarios deberán ser residentes en Galicia e ter recoñecida unha dependencia de primeiro ou segundo grao ou un informe médico e social que acredite a necesidade de axuda de terceiros para as actividades da vida diaria.

O servizo, que deberá ser prestado por persoal profesional legalmente acreditado con formación específica en atención a persoas con necesidades especiais e contratado directamente pola persoa coidadora solicitante da subvención.

Os interesados poden informarse e tramitar esta axuda nos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior ou por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal


Publicado en Igualdade
Visto 288 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

Programa Respiro Familiar - Xunta de Galicia

15-06-2021 / Igualdade

A nova orde do programa Respiro Familiar xa está publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). O plan, destinado a persoas dependentes ou con discapacidade, facilitará o descanso dos seus coidadores habituais financiando ás cento por cento estancias temporais en residencias sen límite de tempo e cunha cobertura máxima de ata 1.500 euros. No caso de que se decida optar...

Somos diversidade

01-06-2021 / Igualdade

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Igualdade pon en marcha o programa “Somos diversidade”  enmarcado entre dúas datas de conmemoración internacionais, o 17 de maio, día internacional contra a homofobia, bifobia e transfobia e o 28 de xuño día internacional do orgullo LGBT para promover a tolerancia, a igualdade de dereitos ante a lei a non discriminación...

Programa Soutomaior Concilia

21-05-2021 / Igualdade

Están abertas as incricións para o programa Soutomaior Concilia: Campamentos de verán. Persoas destinatarias: Nenas e nenos entre 3 e 12 anos, con familias que necesiten conciliar durante o período non lectivo escolar. Lugar: edificio Multiusos de Arcade Quendas do campamentos: 1- 1ª Quenda do 23 ate o 30 xuño (ambos incluídos) 2- 2ª Quenda do 1 ate o 15 de Xullo (ambos incluídos) 3- 3ª...

8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema “Mulleres Sabias”

08-03-2021 / Igualdade

O Concello de Soutomaior, a través da Concellaría de Igualdade, pon en marcha a campaña do 8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema “Mulleres Sabias”. Dando continuidade o traballo realizado no ano 2020, paralizado pola pandemia da COVID-19, no ano 2021,  a Concellería quere retomar a visibilización  das mulleres de mais idade , pondo en valor as oportunidades da experiencia ...

Axudas derivadas do covid durante o primeiro ano de pandemia

19-02-2021 / Igualdade

A escasas semanas de cumprirse o primeiro ano da pandemia orixinada polo Covid19, os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior acaban de facer balance das súas actuacións durante a alerta sanitaria. En total, entre as diversas axudas creadas para amortecer os efectos desta crise, destináronse 34.299,89 euros aos que haberá que sumar os 20.000 en axudas directas para a hostalería. A...

Rematou o obradoiro Expertas, con 13 mulleres emprendedoras do Concello de Soutomaior

23-12-2020 / Igualdade

O pasado xoves 17 de decembro realizouse o último obradoiro do programa “EXPERTAS” que comezou  o pasado outubro de 2020. No programa participaron 13 mulleres emprendedoras do Concello de Soutomaior.  O programa  comprendeu varias sesións en grupos reducidos e tutorías individuáis impartidas por expertas/os  en cada materia. O proxecto contó con cinco módulos xerais para todos os negocios que se centran na...