Descrición
DESCRICIÓN
O Espazo Concilia da Concellería de Igualdade é un programa de intervención comunitaria centrado na conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos das crianzas na escola. Este programa vai dirixido ás crianzas de entre 3 e 12 anos de idade. O horario é de 9 da mañá ás 14 horas, pero existe a posibilidade de entrar ás 8:00h. e saír ás 15h. dependendo das necesidades de cada familia.
Obxectivos
OBXECTIVOS
Xeral:
-
Facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal das familias no Concello de Soutomaior.
Específicos:
- Promover actividades de Igualdade que favorezan a diversión creando un ambiente lúdico.
- Programar actividades que favorezan a reflexión tanto individual coma grupal dos comportamentos igualitarios que se esperan da cidadanía que ven compoñer o futuro.
- Fomentar a tolerancia e a solidariedade entre todas as persoas participantes na experiencia, entendendo as diferenzas como oportunidades de enriquecemento.
CIM Soutomaior
NOVAS DE ESPAZO CONCILIA
12-05-2023 / Espazo concilia (Igualdade)
Este ano os campamentos de conciliación familiar esténdense todo o verán. Comezamos o día 26 de xuño co xa habitual ‘Campamento Concilia’, que se dividirá en tres quendas ata o 28 de xullo. Xa en Agosto teremos ‘Verán Artístico’ do 31 de xullo ao 8 de setembro, un programa tamén dividido en tres quendas e grazas ao cal todos/as os/as participantes poderán desenvolver as súas habilidades artísticas con actividades no Multiúsos. En ambos casos, as actividades terán lugar entre as...
04-04-2023 / Espazo concilia (Igualdade)
Hoxe foi o primeiro dia do Campamento Concilia de Semana Santa. Media...
15-03-2023 / Espazo concilia (Igualdade)
O alcalde e a Concelleira de Igualdade presentaron o Campamento Concilia de...
04-12-2022 / Espazo concilia (Igualdade)
ESPAZO CONCILIA, é un programa de intervención comunitaria que se desenvolveu por...