Image
Image

Concellería de Cultura

R/ Peirao, 8 - Multiúsos Arcade
Telf 638 822 868
Image

ACTIVIDADES

As propostas de actividades serán voluntarias e non terán remuneración nin cotas porque o que se intercambia é o tempo que cada persoa quere compartir con outras persoas e, viceversa. Nese tempo, compartimos unha habilidade, coñecemento ou interese (música, lectura, idiomas, informática, manualidades, historia, paseos, etc.).

METODOLOXÍA

O Concello de Soutomaior canaliza este intercambio xestionando as propostas e facilitando a inscrición das persoas nas actividades.

Para isto, habilita na Web un formulario de inscrición de propostas e un formulario de inscrición nas actividades que se vaian recibindo e publicando. Sempre terá que haber un intercambio entre as persoas que participan.

  • No formulario de propostas pediranse: datos da persoa,  título da actividade, breve descrición, horarios, duración, lugar de desenvolvemento, idade de participantes, tipo de instalación, número de participantes.
  • No formulario de inscrición en actividades pediranse datos persoais básicos, razóns polas que se participa no Banco e que habilidade poderían compartir.

Para o funcionamento desta liña o Concello de Soutomaior disporá de instalacións municipais acordes ás necesidades do tipo de actividades (sempre e cando sexa viable no momento no que se soliciten e se cumpran as obrigas establecidas para cada caso concreto).

DESTINATARIOS E CRONOGRAMA

PERSOAS DESTINATARIAS

Todas as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior que teñan tempo e queiran compartir algunha habilidade con outras persoas. 

PRAZO

O prazo de inscrición estará aberto de forma continuada.

FUNCIONAMENTO E CRONOGRAMA DA LIÑA DE ACCIÓN 1

O Banco comezará a funcionar en novembro de 2022 trala publicación das bases e da posta en fucionamento dos formularios de inscrición. 

A medida que se vaian recibindo as propostas, valoraranse para elaborar o catálogo de actividades que se publicará na Web para que as persoas interesadas poidan anotarse.

OBRIGAS DE PARTICIPANTES

  • Presentar todos os documentos con datos reais.
  • De faltar algún documento no expediente, será requirido. 
  • Só se procederá á inscrición daquelas actividades que cumpran os requisitos.
  • Informar ao Concello de calquera modificación relativa aos seus datos que poidan ser relevantes (persoa contacto, teléfono, enderezo, etc.).

PUBLICACIÓN DE ACTIVIDADES

Poderase acceder de forma telemática, na Web www.gabinetesoutomaior.com

Image

ACTIVIDADES

Creación dun rexistro de artistas locais e edición do catálogo con fichas de cada artista e/ou colectivo no que se identifique a disciplina e características da súa obra e/ou espectáculo.

No Catálogo poderase acceder á ficha básica de datos de artistas/grupos.

DESTINATARIOS

 

PERSOAS DESTINATARIAS/GRUPOS

Poderán inscribirse artistas locais que estén empadroadas/os ou que teñan a súa residencia ou sede no termo municipal de Soutomaior e poidan acreditalo; Tamén os grupos nos que na súa composición haxa algunha persoa que estea empadroada no termo municipal de Soutomaior. 

NOTA: 
Se non reúnes este requisito de empadroado/a e es un artista dalgún dos Concellos limítrofes (Vilaboa, Ponte Caldelas, Fornelos, Redondela, Pazos de Borbén) envíanos un correo a omix@soutomaior.com  no que nos indiques o teu interese por formar parte deste rexistro e porémonos en contacto contigo para estudar a túa solicitude.

INSCRICIÓNS

As inscricións faranse en liña na Web www.gabinetesoutomaior.com 

  • No caso de colectivos, será asinada pola persoa que represente o grupo.
  • No caso de artistas menores de idade, será asinada polo pai/nai/titor/titora legal do menor e no caso de grupos será asinada por unha persoa adulta que os represente legalmente. 

DOCUMENTACIÓN

Todos aqueles colectivos ou persoas físicas que desexen inscribirse deberán achegar a seguinte documentación ao correo omix@soutomaior.com  

  • Copia DNI de representante (maior de idade). 
  • Documentos dixitais (fotografías, vídeos, gravacións…)
  • Resumo explicativo da traxectoria e actividade que se desenvolve.
  • Calquera outro documento relacionado coa actividade, e que poida aportar ou aclarar información acerca dela.

OBRIGAS DE PARTICIPANTES

  • Presentar todos os documentos requiridos para a inscrición e inclusión no Catálogo de Artistas Locais con datos reais.
  • De faltar algún documento no expediente, será requirido. 
  • Só se procederá á inscrición de artistas e grupos, unha vez que o expediente estea completo. 
  • Informar ao Concello de calquera modificación relativa aos seus datos que poidan ser relevantes (persoa contacto, teléfono, enderezo, etc.).
  • Darse de baixa no rexistro cando cese a súa actividade cultural enviando comunicación ao correo omix@soutomaior.com 

CATEGORÍAS

CATEGORÍAS. CLASIFICACIÓN DE PARTICIPANTES

As inscricións rexistradas serán divididas en tres grandes bloques, segundo a natureza artística, quedando o Programa fraccionado en:

Cultural musical: 

  • Bandas de música.
  • Grupos de baile e música tradicional, de gaitas, pandereteiras.
  • Grupos musicais en xeral (pop, rock, ska, clásica, folk…). 
  • Solistas e cantautores/as. 
  • Coros e masas corais.
  • Grupos de danza e baile moderno, ballet... 
  • Calquera outro que se englobe dentro desta categoría. 

Cultural de artesáns e creadores/as:. 

  • Artesáns/artesás que dispoñan da carta de artesán. 
  • Creadores de diversa índole (pintura, escrita, poesía, traballos manuais,..) que non dispoñan de carta de artesán/á. 

Cultural artistas xerais: recollerá artistas artes escénicas e outros:

  • Grupos de teatro, actrices, actores.
  • Monicreques. 
  • Grupos de animación infantil, clowns e novo circo. 
  • Magos/as. 
  • Humoristas.
  • Calquera outro que se englobe dentro desta categoría.

 

PRAZO

O prazo de inscrición estará aberto de forma continuada.

FUNCIONAMENTO E CRONOGRAMA DA LIÑA DE ACCIÓN 2

O Rexistro de artistas locais comezará a funcionar en novembro de 2022. O catálogo en Web poderá consultarse a medida que recibamos solicitudes e unha vez formalizadas e valoradas as vaiamos incorporando. Actualizarase a medida que haxa novas incorporacións e modificacións nos datos. 

Image

ACTIVIDADES

Nesta liña as actividades serán principalmente de dous tipos: exposicións de artistas locais + obradoiros/actividades artísticas. Dirixidas a todos os públicos e idades. 

Co transcurso do programa haberá outras actividades complementarias pensadas para completar o programa mesturando outras disciplinas artísticas.

Poderase acceder á programación de exposicións na Web.

DESTINATARIOS

PERSOAS DESTINATARIAS

Por unha banda, as persoas destinatarias serán as e os artistas locais empadroados/as en Soutomaior. Por outra banda, as persoas que queiran visitar as exposicicións e participar nas actividades/obradoiros. 

INSCRICIÓNS

As inscricións para expoñer ou para participar en actividades/obradoiros faranse en liña e deberán estar cubertas por unha persoa maior de idade, no caso de menores de idade deberán estar asinadas por pai/nai/titor/a.

  • No formulario de inscrición de exposición pediranse datos básicos como: persoais, características da exposición, necesidades, mes preferente,..), así como a achega de material audiovisual ou gráfico da obra.
  • No formulario de inscrición para participar nas actividades pediranse datos persoais básicos das persoas interesadas.

DOCUMENTACIÓN

As persoas artistas que desexen inscribirse deberán achegar ao correo omix@soutomaior.com  a seguinte documentación xunto coa inscrición:

  • Documentos gráficos (fotografías, vídeos, gravacións de audio…). 
  • Descrición da traxectoria artística.

PRAZO

O prazo de inscrición estará aberto de forma continuada.

CRONOGRAMA

A programación de experiencias artísticas comezará a finais de 2022 e continuará ata xuño de 2023. 

Cada exposición permanecerá aberta entre 15 e 30 días naturais, dependerá da tipoloxía e da obra exposta, así como, da dispoñibilidade de artista e Concello.  

Así mesmo, terase en conta o número de solicitudes enviadas para que poida participar o maior número de artistas. Comezarase cun programa de exposicións de artistas locais convidados/as.

LUGAR DE REALIZACIÓN

Realizaranse habitualmente no Multiúsos, en Arcade, os domingos pola mañá. Publicitarase con antelación suficiente o lugar de realización xunto co programa de exposicións e actividades.

OBRIGAS DE PARTICIPANTES

OBRIGAS DE PARTICIPANTES EXPOSITORES

  • Presentar todos os documentos requiridos para a inscrición.
  • De faltar algún documento no expediente, será requirido.
  • Só se procederá á inscrición de exposicións, unha vez que o expediente estea completo. 
  • Informar ao Concello de calquera modificación relativa aos seus datos que poidan ser relevantes (persoa contacto, teléfono, enderezo, etc.).

PUBLICIDADE DO PROGRAMA

As Bases do programa e das correspondentes liñas de acción serán publicadas na Web www.soutomaior.gal e www.gabinetesoutomaior.com, para a súa difusión e publicidade. 

As actividades do Banco do Tempo, o calendario de exposicións e obradoiros, así como, o catálogo de artistas tamén se consultará a través das Web anteriores. 

Todas as actividades difundiranse a través das redes sociais do Concello e a través do servizo de WhatsAPP da Axenda Municipal.

VALORACIÓN DE PROPOSTAS PRESENTADAS

O Concello de Soutomaior valorará a través do servizo da OMIX as propostas presentadas tendo en conta criterios de viabilidade acordes á filosofía do programa e das bases de cada liña de acción. 

PRIVACIDADE DE DATOS

Os servizos prestados a través deste Programa están dirixidos a todas as persoas que presenten as características nel expostas. 

No caso de menores de 18 anos, requirirase que a solicitude sexa asinada por unha persoa maior de idade (pai/nai/titor/titora). 

Ao cumprimentar o formulario de solicitudes, a persoa interesada comprométese a facilitar datos reais e autoriza o tratamento automatizado dos datos persoais que voluntariamente subministraron, e que son necesarios para a prestación do servizo. Os datos persoais recollidos serán incorporados e tratados ás bases da datos de cuxo ficheiro será responsable o Concello de Soutomaior. 

ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación nas liñas deste Programa supón a aceptación das bases así como de calquera outra norma que sexa estipulada polo Concello para o bo funcionamento do Programa Artellando.