Image

Participaremos sen distinción.
Non hai idades nin diversidades que limiten, é cuestión de actitude.

Na Alameda Talo Río de 16:00 a 18:15 h

PROGRAMA

Image

Creando en Especial

Expón materiais para traballar os trastornos do espectro do Autismo e TDAH e, dinámicas para comunicar e descubrir con pictos.

XINCANA

“INTEGRANDO A TRAVÉS DO LÚDICO”
Xoga, empatiza e estimula os sentidos. Entende a diversidade.
Con diferentes estacións nas que haberá xogos potenciadores e estimuladores de todos os sentidos nos que poderá participar todo o mundo.
A partir das 16:00 h
para todas as idade

QUE DIS?... CAPACIDADE SI, MOITA

Con este lema o Concello de Soutomaior programa para este sábado 2 de decembro en Talorío de actividades lúdicas e de sensibilización co gallo do “día internacional da discapacidade”(termo recoñecido así pola OMS).

A Concellería de Educación promove esta xornada cun enfoque positivo e participativo para promover unha educación inclusiva e fomentar a reflexión poñendo énfase nas capacidades; por iso, falamos dunha xornada sobre a diversidade funcional e non dunha xornada sobre a discapacidade porque entendemos que as diferenzas non se deben destacar desde unha visión negativa, que implique enfermidade, deficiencia ou falta de… senón desde o poder e o ser capaz, desde o positivo porque ser diferente non pode ser tráumático nin negativo. 

Trátase de visibilizar as diferentes capacidades das persoas, de sensibilizar sobre importancia de normalizar a vida sen a exposición continua aos prexuízos dos demais e de contribuír na construción en positivo dun presente e futuro inclusivo e igualitario.

Debuxando a cegas

Identificamos, debuxamos, adiviñamos a través da expresión plástica.

Imos debuxar a cegas a partir de obxectos que tocamos, para logo identificar as formas e os debuxos, creando un xogo de adiviñanza a través da expresión plástica.

Obradoiro 1

A partir das 16:00 h
para todas as idade

Transformamos bolsas de ostomización con significados especiais, diversos e creativos.

BOLSAS CON PERSONALIDADE

Cada vez hai máis persoas novas que por diferentes causas son ostomizadas e teñen que usar estas bolsas. Co obradoiro as persoas poderán coñecer que significa levalas e, recibir pautas sobre como normalizar estas situacións.

Obradoiro 2

A partir das 16:00 h
para todas as idade

"O Círculo Máxico"

Pinta o teu círculo azul e decora o resto do debuxo para logo facelo xirar.

Este obradoiro creativo e lúdico os rapaces e rapazas podrán colorear os seus círculos azuis e decorar o resto do debuxo. Despois montarán o círculo máxico e ao facelo xirar, verán como se mide a glicemia. Un xesto que un menor con diabetes debe facer moitas veces no seu día a día. 

Obradoiro 3

A partir das 16:00 h
para todas as idade

CONTACONTOS

O Cazo de Lourenzo

de 17:45 a 18:15 h.

Image

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA

Visibilizando o Invisible

Facernos preguntas e reflexionar sobre situacións que ó mellor descoñecemos pero que existen. Nesta xornada contaremos con varias propostas.

Image
Image
Image
Anedia
ASSEII
Concello de Soutomaior
Creando Especial
Educación