
Escola Municipal de Horta Urbana
Unha horta municipal cun carácter formativo, de esparcemento, de sensibilización ambiental e de consumo responsable.
ESCOLA MUNICIPAL DE HORTA URBANA
Que buscamos e como o facemos?

FORMACIÓN
Que é?

PRESENTACIÓN PDF
Un traballo con moitos froitos
Dirixido a
A quen vai dirixido
A persoas que buscan unha formación en relación coas necesidades e os recursos do sitio onde viven, de xeito que dependan o menos posible dos recursos externos. O aproveitamento de recursos naturais presentes no noso medio a partir de "recursos custo cero" como poden ser o acceso a terras sen cultivar e fomentar actividades de desenvolvemento no sector da agricultura ecolóxica e transformación en produtos elaborados, reciclaxe de residuos, ecoagroturismo e outros parécenos unha alternativa moi interesante para darlle un valor engadido. Permitindo isto que se coide o territorio e se conserve a nosa identidade e cultura, dun xeito sostible tanto económica, coma socialmente.
A Persoas que queiran aprender e experimentar a opción de cultivar e obter hortalizas ecolóxicas sen impacto no medio así como consumir produtos máis sans. Familias que queiran a través do contacto coa terra e a natureza educar tomando conciencia dos ritmos biolóxicos das persoas.

ESCOLA MUNICIPAL DE HORTA URBANA

NOVAS DA ESCOLA ...

Prazas vacantes na Escola Municipal de Horta Ecolóxica
13-10-2021 Horta Urbana Ecolóxica
O Concello de Soutomaior oferta novas prazas vacantes para participar na Escola Municipal de Horta Ecolóxica. Un proxecto co que se pretende achegar aos veciños e veciñas a agricultura ecolóxica a través dunha experiencia formativa e participativa para adquirir coñecementos que logo lles permitan poñer en marcha un proxecto similar nas súas propias hortas. Ás persoas inscritas asignaselle unha parcela durante un ano, prorrogable para que a persoa ou unidade familiar se responsabilice de coidala e mantela en bo estado. Durante este tempo as persoas aprenden a cultivar hortalizas dun xeito ecolóxico e biodinámico. No proxecto participan máis hortelanos e hortelanas que xa teñen experiencia e que axudaran ás novas persoas a iniciarse e guialo durante todo o proceso xa...

Incorporación de novas persoas ó proxecto Escola Municipal de Horta Urbana Eco…
21-10-2020 Horta Urbana Ecolóxica
Convócanse prazas para participar no proxecto Escola Municipal de Horta Urbana ecolóxica...

Visita didáctica á Horta Municipal
25-05-2018 Horta Urbana Ecolóxica
Escolares de 1º da ESO do Colexio M. Padin Truteiro visitaron hoxe...

Primeiros froitos da Escola Municipal de Horta Urbana Ecolóxica
27-04-2017 Horta Urbana Ecolóxica
O pasado 11 de febreiro o Concello de Soutomaior puxo en marcha...
TV DA ESCOLA ...
A horta ecolóxica comeza a dar os seus froitos
A Escola Horta comezou cun curso de iniciación á agricultura ecolóxica que se desenvolveu en marzo durante o cal o alumnado deseñou os bancais para laboreo, acolchado, plantación de horta de tempada para logo traballar aromáticas, recoñecemento de pragas, etc. É un proxecto aberto coa condición de estar empadroados/as en Soutomaior, ter a idade mínima para ser titular dunha parcela/horta e as condicións óptimas para desenvolver da labor agrícola.