Inicio da actividade: 01-01-2022 Fin da actividade: 31-12-2022 Horarios: Horarios variables Destinatarios/as: 14 - e máis anos Prazas: Sin límites Lugar da actividade: PENDENTE desde 13-01-2021
DESCRICIÓN
Quen é unha persoa voluntaria?
É toda persoa física que, de modo libre, altruísta e responsable, realiza actividades a favor de persoas ou do interese colectivo no seo de entidades de acción voluntaria, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e sen percibir ningún tipo de contraprestación económica.
Quen pode ser persoa voluntaria?
Toda persoa que sexa sensible coas problemáticas da comunidade. Tan só é necesario dispoñer dalgún tempo para desenvolver algunha acción voluntaria e o compromiso persoal de levala a cabo. As accións voluntarias poderán ter algún requisito específico dependendo das características propias de cada acción e do perfil das persoas destinatarias.
As persoas menores de idade poderán participar en programas e proxectos de voluntariado especificamente adaptados ás súas características, mediante autorización expresa do seu pai/nai, dos seus titores/as ou da institución que os teña ao seu cargo, con respecto en todo caso á vontade da/o menor e tamén en función das características propias da acción voluntaria.
Por que ser voluntario/a?
Ademais, da gratificación persoal que se pode acadar colaborando de xeito altruísta en actividades que benefician á comunidade e polo tanto a todos e todas, o Concello de Soutomaior, certificará a actividade das persoas voluntarias con constancia dos seus datos persoais, da actividade desenvolvida e da súa duración. Esta experiencia pode ser moi útil para mellorar o currículo profesional.
Inscricións e documentación necesaria
É obrigatorio inscribirse previamente para participar nesta xornada PORQUE cada acción forma parte do Plan Municipal de Voluntariado e a lexislación esixe que as persoas voluntarias estén dadas de alta para así contratar os seguros de RC, garantir os seus dereitos e tamén que sexan informados/as das súas obrigas (Lei 3/2000, de decembro do Voluntariado de Galicia).
Fotocopia de DNI
Acordo de colaboración (descarge, imprima, asine e entregue na OMIX)
Si es menor de idade: DNI titor/a e a documentación asinada polo teu titor/a.
Máis información e inscrición: na OMIX, Tel. 986700822, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Concellerías implicadas: Concellería de Educación, Concellería de Xuventude, C. Participación e Voluntariado