Image

QUE É?

Un programa de lecer e tempo libre xuvenil cunha proposta de actividades que serán de balde e se desenvolverán en fins de semana, os venres e sábados. Poderás participar como asistente a actividades ou como monitor/a presentando unha proposta.

A QUEN VAI DIRIXIDO?
COMO PARTICIPAR?

  • Ter entre 12 e 30 anos.
  • Solicitar o carné NOCTÁMBULAS cumprimentando o formulario en inscricións en liña: PREME AQUÍ
  • Recoller o teu carné de balde na OMIX.
  • Presentar o carné no momento de chegada a unha actividade.

QUE TIPO DE ACTIVIDADES FAREMOS? EN QUE HORARIOS?

Lúdicas, formativas, deportivas, culturais, saudables, etc. Facede as vosas propostas!

Posibles horarios:
Venres: 22:00 a 00:00 h
sábado: 20:00 a 01:00 h


*Publicaremos o calendario con actividades, días, horas e lugares con antelación.

CANDO E ONDE TERÁN LUGAR AS ACTIVIDADES?

Desenvolveranse desde marzo ata maio de 2023 en diferentes espazos socio-culturais e deportivos do Municipio de Soutomaior.
Image

IMPORTANTE

Le atentamente as indicacións de cada actividade. Nalgúnhas é posible que teñas que reservar praza e noutras terás indicacións sobre o que precisas para a actividade.

Como propoñer actividades

COMO PARTICIPANTE

As actividades desenvolveranse en espazos saudables. Terán un carácter educativo, participativo, inclusivo, igualitario e diverso, para todos os gustos. Nacerán das propostas realizadas pola xente nova a través da Caixa de Suxestións que atoparedes en diferentes puntos:

  • Biblioteca Municipal
  • Centros educativos
  • OMIX, Multiúsos
Image

COMO MONITOR/A

Presentando a túa proposta de actividade a través da inscrición en liña na que terás que cumprimentar unha serie de datos:
  • Título
  • Breve descrición
  • Obxectivos
  • Duración da actividade/nº horas
  • Número máximo de persoas destinatarias
  • Necesidades técnicas e recursos materiais
  • Datos completos de quen factura
  • Custo de realización total do proxecto separando cada concepto que se orzamenta (IVE e/ou IRPF)
  • Outras consideracións a ter en conta
*Posibilidade achegar documentación.
*As actividades teñen carácter puntual así que desenvolveranse en sesión única preferentemente.
*Se hai moita demanda poderán facerse grupos ou repetirse noutros días.

Como podo participar?

SOLICITANDO O CARNÉ

Se queres participar cumprimenta este formulario en liña para obter o carné que che permitirá acceder ás actividades.
Image
Image