Luns, 27 Xullo 2020 10:31

Ampliación do plan compostaxe doméstico

Ampliación do plan compostaxe doméstico

Tras a compra da semana pasada de 6 biotrituradoras para que os veciños poidan reciclar restos vexetais de gran tamaño, o Concello de Soutomaior anuncia a segunda ampliación do plan municipal de compostaxe doméstica. Unha mellora que conleva a repartición de 150 novos composteiros individuais entre os veciños do municipio, especialmente entre os barrios do rural.

Os interesados deberán presentar a súa solicitude nas dependencias da Casa do Concello  á atención do mestre composteiro municipal, que logo se poñerá en contacto con eles para concertar unha cita para a recollida. Durante esta cita, o mestre explicará a mellor maneira de optimizar o uso do composteiro e proporcionará a cada participante un termómetro especial e unha pequena guía de compostaxe doméstica.

Do mesmo xeito, o mestre explicará os pasos para seguir durante o seguimento que se realizará do uso os composteiros e co que se pretende guiar aos participantes durante todo o proceso de reciclaxe orgánica para obter un rendemento óptimo do mesmo.

Cada galego produce unha media de 1.05 quilos de residuos ao día, dos que máis do 40% é materia orgánica e cuxo destino habitual son os contedores verdes convencionais e que con estas medidas poderemos reducir ata 4 toneladas de residuos orgánicos ao ano.

Cos novos composteiros adquiridos esta semana, desde o Concello de Soutomaior espera superar a cifra de 500 familias rexistradas no plan municipal de compostaxe doméstica antes de finalizar este ano. Actualmente, sumando as 190 unidades de compostaxe individual entregadas ata o momento e as máis de 200 familias que fan uso do centro de compostaxe comunitaria de Arcade, o Concello de Soutomaior conta con máis de 400 familias comprometidas coa reciclaxe de residuos orgánicos.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 208 veces


Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

Ampliación do plan compostaxe doméstico

27-07-2020 / Medio Ambiente

Tras a compra da semana pasada de 6 biotrituradoras para que os veciños poidan reciclar restos vexetais de gran tamaño, o Concello de Soutomaior anuncia a segunda ampliación do plan municipal de compostaxe doméstica. Unha mellora que conleva a repartición de 150 novos composteiros individuais entre os veciños do municipio, especialmente entre os barrios do rural. Os interesados deberán presentar a...

Biotrituradoras para fomentar a compostaxe doméstica

20-07-2020 / Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior acaba de adquirir 6 biotrituradoras para poñer en marcha o seu programa de “Ampliación do programa de Compostaxe Doméstica”. Un plan co que o goberno local quere aumentar a capacidade de reciclaxe de materia orgánica do municipio mediante o préstamo de biotrituradoras que permitan a compostaxe de restos vexetais de gran tamaño. O obxectivo deste programa é...

Suspensión das queimas agrícolas e forestais

01-07-2020 / Medio Ambiente

O período de alto risco abrangue un período de tres meses, dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro A Consellería do Medio Rural lembra que existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria: o 900 815 085 A campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia comeza hoxe, mércores 1 de xullo, e estenderase...

Reapertura do centro de compostaxe comunitaria de Arcade

25-06-2020 / Medio Ambiente

Unha vez superado o período de máis restriccións debido ó coronavirus e tras facela limpeza e adecuación da parcela na que está situado o centro de compostaxe comunitaria, procédese á reapertura do mesmo. Desta maneira, á veciñanza pode aportar os biorresiduos dos seus fogares tal e como facía antes da pandemia. Dende o concello de Soutomaior recoméndase adoptar as medidas de...

Día mundial do medio ambiente

05-06-2020 / Medio Ambiente

Dende o 5 de xuño de 1974 celébrase o día mundial do medio ambiente. O eslogan elixido neste ano polas Nacións Unidas para conmemorar tal día é "a hora da natureza" no que se pide ós cidadáns que escoiten os mensaxes que envía o planeta Terra.  No momento actual que nos toca vivir, debido á pandemia do coronavirus, reclámase máis que...

Luvas e máscaras

27-05-2020 / Medio Ambiente

Dende o concello de Soutomaior rercórdase que as luvas e as máscaras empregadas como equipos de protección ante o coronavirus débense depositar nos contedores de resto ou xenérico, nunca no contedor amarelo nin no chan. Colaboremos para que non se propague o virus nin se contamine o medio ambiente

TV Concellería de Medio Ambiente