Mércores, 07 Outubro 2020 09:18

Curso de manexo de biotrituradoras

Curso de manexo de biotrituradoras

Horarios:2 Horarios Opcionais
Destinatarios/as: 16 - e máis anos
Menores: Menores con autorización
Prazas: 25/grupo
Entrada: De balde
Lugar da actividade: Multiúsos, Arcade

Inscricións desde: 06-10-2020
Inscricións ata: Venres, 16. Outubro 2020

DESCRICIÓN

Obxetivo principal: transmitir á veciñanza o correcto manexo das biotrituradoras pertencentes ó Plan de Compostaxe do concello de Soutomaior.

Destinatarios: toda persoa que dispoña dun composteiro ou teña a intención de solicitalo en vindeiras datas.

Ó final do curso expedirase un certificado que capacitará á persoa para solicitar o préstamo das biotrituradoras do Plan de Compostaxe.

Ante calquera dúbida consultar co mestre composteiro do concello de Soutomaior no teléfono 660 821 131 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O enlace para as inscripcións en liña é o seguinte:

https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2441/curso-de-manexo-de-biotrituradoras


Publicado en Medio Ambiente
Visto 348 veces


Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

A Xunta convoca as axudas para o programa de rehabilitación enerxética de edificios existentes

11-01-2021 / Medio Ambiente

As axudas para a mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios poden solicitarse dende o 2 de xaneiro de 2021 trala súa publicacion no Diario Oficial de Galicia. Os beneficiarios, que só poderán presentar as súas solicitudes por medios telemáticos, son os propietarios de vivendas e as comunidades de propietarios, que poderán acollerse ós incentivos para actuacións de mellora da...

Eliminación da presa Ponte do inferno

07-12-2020 / Medio Ambiente

O Concelllo de Soutomaior e a plataforma Pladever acaban de subscribir un manifesto para solicitar a eliminación da central eléctrica Ponche do Inferno, situada no leito do río Verdugo. O acordo, ademais da petición de eliminación da presa e o seu aproveitamento hidroeléctrico, inclúe unha petición para a creación dun plan de restauración ecolóxica para o rio. Segundo o Plan Hidrolóxico...

O Concello de Soutomaior ven de aprobar o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

30-11-2020 / Medio Ambiente

O concello de Soutomaior aprobou o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) que marcará as liñas mestras que deberá seguir de cara a avanzar na sostibilidade e na mellora do medio ambiente. Esta aprobación do PACES é un dos pasos precisos a levar a cabo dentro do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía ó que...

Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

20-11-2020 / Medio Ambiente

O concello de Soutomaior aprobará o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) que marcará as liñas mestras que deberá seguir de cara a avanzar na sostibilidade e na mellora do medio ambiente. Esta aprobación do PACES é un dos pasos precisos a levar a cabo dentro do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía ó que...

Traslado punto limpo mobil

30-10-2020 / Medio Ambiente

O punto limpo mobíl foi trasladado dende o lugar de Romariz (Soutomaior) ata o de Sameán (Arcade). Este vehículo, suministrado grazas a unha axuda da Xunta de Galicia, serve para a recollida de residuos que non dispoñen de contedores de recollida selectiva colocados normalmente na vía pública. Desta maneira, o concello de Soutomaior habilita un espazo de recollida para estas fraccións...

O Concello de Soutomaior únese á conmemoración do 24 de outubro do Día Internacional contra o Cambio Climático

23-10-2020 / Medio Ambiente

Unha celebración instaurada pola Organización de Nacións Unidas para paliar os devastadores efectos que se están producindo nos últimos anos en todo o planeta. O cambio climático como tal, é un proceso natural que se debe desenvolver co paso do tempo, pero as actividades humanas, máis concretamente, a contaminación xerada produto das devanditas actividades, aceleraron o proceso a unha velocidade...

TV Concellería de Medio Ambiente