Venres, 26 Marzo 2021 09:26

O Concello de Soutomaior aproba o seu plan contra incendios

O Concello de Soutomaior aproba o seu plan contra incendios

O pleno municipal do Concello de Soutomaior aprobou onte o novo Plan de Municipal de Prevención contra Incendios Forestais. O documento, que contou co apoio unánime de toda a corporación, foi elaborado de maneira conxunta entre os técnicos municipais e Seaga no marco do convenio que a empresa ten coa Xunta de Galicia, e ao que está adherido o Concello de Soutomaior.

O plan concreta unha serie de accións sobre o territorio municipal para organizar a xestión da biomasa en zonas estratéxicas, especialmente nas declaradas de alto risco, para previr a propagación dos incendios forestais. Ademais, implica o tratamento das áreas forestais segundo un esquema de intervención baseado en modelos silvícolas previamente establecidas.

Un dos grandes beneficios deste documento é a creación e delimitación das franxas de protección antiincendios en todos os núcleos de poboación do municipio. O plan recolle que estas franxas deben ter unha lonxitude mínima de 50 metros e non pode albergar especies como o eucalipto, a acacia e o piñeiro. Ata o momento, o consistorio xa xestionou un total de 1100 convenios con veciños para realizar a limpeza subvencionada das súas propiedades nestas franxas de protección, o que representa un total de 73,48 hectáreas de superficie libre de maleza e de árbores capaces de resistir ao lume.

Actualización dos bens e inmobles municipais

Do mesmo xeito, e tamén por unanimidade, o pleno municipal tamén deu o visto e prace á actualización do Inventario Municipal de Bens e Inmobles. Un documento que dotará ao Concello dun instrumento útil para a mellora da xestión do patrimonio local e ofrecerá unha ferramenta vital para a política urbanística que permitirá axilizar substancialmente a maioría dos trámites.

A correcta actualización do patrimonio municipal permite definir os recursos públicos dos que dispón o Concello e as necesidades de actuación sobre o conxunto de bens que son propiedade de todos os veciños do Concello. O documento recolle os vehículos, solares, bens patrimoniais, parques, xardíns, edificacións docentes e instalacións deportivas entre outros conceptos.


Publicado en Medio Ambiente
Visto 254 veces


Concellería de Medio Ambiente
Casa do Concello

O punto limpo móbil trasládase ó barrio de Aranza

09-04-2021 / Medio Ambiente

Seguindo o calendario xa publicado anteriormente, o Concello de Soutomaior vén de trasladar o punto limpo móbil ata o barrio de Aranza para prestar servizo nel durante o mes de abril de 2021. Lembrar que este vehículo, adquirido grazas a unha axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ó programa FEDER Galicia 2014-2020, serve para o depósito e a...

O Concello de Soutomaior aproba o seu plan contra incendios

26-03-2021 / Medio Ambiente

O pleno municipal do Concello de Soutomaior aprobou onte o novo Plan de Municipal de Prevención contra Incendios Forestais. O documento, que contou co apoio unánime de toda a corporación, foi elaborado de maneira conxunta entre os técnicos municipais e Seaga no marco do convenio que a empresa ten coa Xunta de Galicia, e ao que está adherido o Concello...

O punto limpo móbil trasládase á zona da Xesteira

04-03-2021 / Medio Ambiente

O punto limpo móbil foi trasladado ata a zona da Xesteira (inmediacións da casa cuartel da Garda Civil en Arcade) logo de prestar servizo durante o mes de febreiro en Moreira. Tal e como xa se anunciara na nova do mes anterior, onde se podía ollar o calendario cas distintas localizacións para todo o ano 2021, estará situado neste barrio...

Acordos para a limpeza de leiras nas franxas de protección contraincendios

11-02-2021 / Medio Ambiente

O Concello de Soutomaior está a traballar para acometer a limpeza das franxas de protección contra incendios antes deste verán. Ata o momento o consistorio xa xestionou un total de 1100 convenios con veciños para realizar a limpeza das súas propiedades de forma subvencionada, o que representará un total de 73,48 hectáreas de superficie libre de maleza . Así, as tarefas de...

Localización e calendario do punto limpo móbil

04-02-2021 / Medio Ambiente

O punto limpo móbil do concello de Soutomaior foi trasladado ata o lugar de Moreira para que a veciñanza poida depositar no seu interior aqueles residuos domésticos que non dispoñen de colectores na vía pública para a súa recollida selectiva. Dito vehículo, suministrado grazas ás axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ó programa Feder Galicia 2014-2020, está...

A Xunta convoca as axudas para o programa de rehabilitación enerxética de edificios existentes

11-01-2021 / Medio Ambiente

As axudas para a mellora e reforma enerxética de vivendas e edificios poden solicitarse dende o 2 de xaneiro de 2021 trala súa publicacion no Diario Oficial de Galicia. Os beneficiarios, que só poderán presentar as súas solicitudes por medios telemáticos, son os propietarios de vivendas e as comunidades de propietarios, que poderán acollerse ós incentivos para actuacións de mellora da...

TV Concellería de Medio Ambiente