Mércores, 14 Febreiro 2018 09:46

Charla sobre a vespa asiática

Charla sobre a vespa asiática

Casa da Cultura de Soutomaior – Sábado 17 de febreiro ás 19 horas         

O Concello de Soutomaior organiza unha charla de carácter práctico ante a problemática da vespa velutina. Trátase de unir esforzos mediante a acción educativa e a aplicación de estratexias didácticas para loitar contra esta nova especie invasora coñecida como a vespa asiática.

Por iso, o Concello, a Asociación de defensa dos polinizadores de Galicia " Depolgal" e coa colaboración de Agro Arcade impartirá esta charla despois de realizar unha similar hai uns días no Multiusos de Arcade.

Estes insectos son unha ameaza para as poboacións autóctonas de vespas e outros polinizadores indispensables para a boa marcha e conservación do medio ambiente.

Así mesmo, as súas picaduras supoñen un perigo para as persoas, especialmente para aqueles que son alérxicos.

Con estas charlas búscase ensinar á poboación a tomar as medidas oportunas para previr os prexuízos reais que poden carrexar.

 O Concello de Soutomaior leva tempo traballando neste problema e logrou eliminar por medios municipais máis de 150 niños de velutina así como a entrega, a quen o solicitou, de trampas e  cebo líquido


Publicado en Medio Ambiente
Visto 1684 veces

Medio Ambiente

O Punto Limpo Móbil xa está no Peirao!

O Punto Limpo Móbil xa está no Peirao!

14-11-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente os residuos domésticos que carecen dunha recollida selectiva na vía pública. Dito punto limpo móbil presenta distintas bocas de aporte rotuladas cada unha co tipo de residuos que se pode depositar...

O Punto Limpo Móbil está no barrio de Sobral!

O Punto Limpo Móbil está no barrio de Sobral!

18-10-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O Punto Limpo Móbil está no barrio da Devesa!

O Punto Limpo Móbil está no barrio da Devesa!

28-09-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O Punto Limpo móbil está este mes nas inmediacións da depuradora do barrio de Comboa

09-08-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O Punto Limpo Móbil xa está en Rial, no aparcadoiro ó carón da igrexa

09-06-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O Punto Limpo Móbil está na Rúa Arcade De Riba (Xunto ao CEIP Padín Truiteiro)

18-05-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O Punto Limpo Móbil chega a Aranza

13-04-2022 / Medio Ambiente

Como xa é habitual dende a súa posta en funcionamento en xaneiro de 2020, o Punto Limpo móbil desprazouse este mes a un novo lugar para xestionar de maneira eficiente...

O punto limpo móbil colócase no barrio da Xesteira

07-03-2022 / Medio Ambiente

Neste mes de marzo de 2022, o barrio da Xesteira recibe o punto limpo móbil do Concello de Soutomaior. O vehículo foi colocado fronte o cuartel da garda civil para...