Deportes
Deportes +
O Concello de Soutomaior pon en marcha este luns as actividades de verán de 2017 onde participarán máis de 300 nenos e nenas.
A primeira semana das actividades, que servirán de contacto entre participantes e monitores, iniciarase o luns 3 de Xullo co grupo C no Peirao de Arcade en horario de mañá e no horario de tarde presentaranse os grupos A e B (cunha curta actividade por ser o primeiro día).
Para o martes 4 en horario de mañá o grupo E e pola tarde en grupo D. Ese día organizaranse os grupos de vela (D) e de Esquí (E).
O mércores 5 o grupo B e o C terán a posibilidade de manexar un kart e onde poderán obter o seu carné de condución.
Xoves 6 o grupo D e o E realizarán unha actividade de orientación urbana desde a Alameda de Tallo Río ata diversos lugares do centro urbano.
O venres 7 os mais pequenos desprazaranse á Hipica Amazonas para ter contacto cos cabalos.
O mesmo venres pola noite terá lugar a primeira “Velada na Noite” onde todos os participantes das actividades de verán acompañados dun adulto responsable poñerán a proba os seus dotes de rastreadores. Iniciarase ás 22,30 horas desde o Campo de Futbol de Salgueirón (Arcade).
Descargas: Verán-2017-Semana-1.pdf
TODA A PROGRAMACIÓN FAI CLIK AQUÍ
Actividades de Verán
01-08-2022 / Actividades de Verán (Deportes)
O pasada sábado Talo Río encheuse de familias que acudiron ao Festival de Clausura das Actividades de Verán. Empezamos cunha obra de teatro que encantou aos/ás máis cativos/as, para despois dar paso ao momento máis esperado, o vídeo recompilatorio cos mellores momentos. Ademais, todos os/as participantes puideron levar a casa un detalle do Concello, unha mochila chulísima para levar á praia e...
21-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)
Na última semana de actividades de verán deste ano, a cativada gozará de sesións de contacontos, hípica, actividades acuáticas, obradoiros de pintura e moito máis. Ademais, o sábado día 30 terá lugar a clausura das actividades ás 21.30 horas, ca representación dunha obra de teatro e ca proxección do vídeo recopilatorio das actividades.
14-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)
Xa tedes aquí o programa da terceira semana das Actividades de Verán. Música, scalestrix, obradoiro de cociña e a fin de semana... A ESPERADA ACAMPADA!!! Podedes descargalo aquí.
08-07-2022 / Actividades de Verán (Deportes)
Xa está aquí a programación da próxima semana das Actividades de Verán: Aquapark, camas elásticas, inchables acuáticos e moito máis nesta segunda semana de actividades. Descarga aquí a programación completa.
23-06-2022 / Actividades de Verán (Deportes)
Os nenos admitidos nas Actividades de Verán 2022 empezan este luns cunha programación que, seguro, gozarán ao grande. Hípica, golf e un rastrexo nocturno son algunhas das actividades das que gozará a cativada do concello esta semana. A lista completa de admitidos pódese descargar aquí, así como o programa desta semana. Cabe destacar que por motivos de organización, pode haber algunhas...
07-06-2022 / Actividades de Verán (Deportes)
Chegou o momento que todos os cativos do Concello estaban a esperar: Mañá abrimos inscricións para as Actividades de Verán. Todos os empadroados de ata 13 anos e que teñan cumpridos os 3 anos o día 1 de xullo de 2022, poden apuntarse ás Actividades de Verán que, un ano máis, veñen cargadas de animación, diversión e momentos inesquecibles. Haberá un total...
Deportes +