Venres, 03 Marzo 2017 18:56

Concurso: Verbas para ... comunicar "Letras Galegas 2017"

Concurso: Verbas para ... comunicar "Letras Galegas 2017"

Ábrese o prazo para participar no concurso VERBAS PARA... COMUNICAR 2017. Este concurso impulsado polo Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, vai dirixido a mozos e mozas de 12 a 20 anos empadroados/as no municipio.

Co gallo do Día das Letras Galegas nace este concurso fai dez anos co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade para que aumente a súa normalización nos contextos  informais nos que a mocidade se comunica.

Este ano o concurso ten como novidade a ampliación de modalidades de presentación pois incorporamos, á modalidade de redacción unha nova que é a modalidade audiovisual para que a mocidade poida presentarse usando ás novas tecnoloxías de comunicación. A participación consiste na presentación dun traballo en lingua galega que pode vir presentado en formato redacción ou audiovisual onde o texto ou  audio do traballo presentado transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., que se desexe comunicar ou compartir con outras persoas. 

Haberá 6 premios en cada categoría por modalidade e un agasallo para todas as persoas que participen no concurso.

O prazo de presentación remata o 28 de abril.

As bases poden solicitarse na OMIX ou ben descargarse na web www.soutomaior.com ou en: Verbas para... comunicar


Publicado en Verbas para comunicar
Descargar adjuntos:

2017 Bases X Concurso verbas para comunicar.pdf (1168 Descargas)
Visto 3106 veces

Image
Que é?

O Concurso “VERBAS PARA COMUNICAR” consiste na presentación dun traballo en lingua galega que pode ser presentado en formato texto - redacción ou audiovisual no cal se transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., que queiramos comunicar  e compartir con outras persoas.

REDACCIÓN
Image

Un texto en lingua galega que transmita unha idea, sentimento, etc. Só presentación individual. O tamaño do texto non poderá ser superior ás 12 liñas.

AUDIOVISUAL
Image

Elaboración dun vídeo (curta) ou audio (tema musical ou outros) cunha duración máxima de 5 minutos. Pode presentarse de xeito individual ou grupo/clase.

 

 

NOVAS VERBAS PARA COMUNICAR

Image
Entrega de premios Verbas para comunicar 2021

Entrega de premios Verbas para comunicar 2021

01-06-2021 / Verbas para comunicar

Agustin Reguera, Alcalde do Concello de Soutomaior e Noelia Ocampo, Concelleira de Xuventude entregan os premios do Concurso Verbas para...

XIII Edición do Concurso Verbas para comunicar- 17 de maio Letras Galegas 2021

XIII Edición do Concurso Verbas para comunicar- 17 de maio Letras Galegas 2021

30-03-2021 / Verbas para comunicar

Co gallo do Día das Letras Galegas o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, promove este Concurso...

XIII edición do  certame literario “ Verbas para…comunicar”

XIII edición do certame literario “ Verbas para…comunicar”

17-01-2020 / Verbas para comunicar

Un ano máis, e xa  van trece, as mellores plumas novas de Soutomaior teñen ocasión de mostrar a súa valía...

 

Datos da Actividade
Datos do Centro Educativo
Categoría/Modalidade
Condicións Legais

DESTINATARIOS/AS

  • Mozos e mozas matriculados/as nalgún curso da ESO, FP ou Bacharelato que estuden no Colexio Manuel Padín Troiteiro ou no Colexio Santiago Apostol.
  • Mozos e mozas que estean empadroados/as no Concello de Soutomaior e non superen os 20 anos.

Datos da Actividade

Inscricións ata: Mércores, 11 de Maio 2022
Categoría A: 1º,2º,3º ESO
Categoría B: 4º ESO, 1º, 2º BAC
Lugar da actividade: On-line

VERBAS PARA COMUNICAR EN FOTOS

VERBAS PARA COMUNICAR EN CARTEIS