Martes, 05 Mai 2020 10:41

Entrega de máscaras ao comercio local e ás mariscadoras

Entrega de máscaras ao comercio local e ás mariscadoras

O Concello de Soutomaior repartiu ao redor de 500 mascariilas e 50 pantallas protectoras entre o comercio local do municipio.

Trátase de material adquirido polo Concello que continua coa campaña de repartición de máscaras, por orden de prioridade, despois de facer entrega nas farmacias para a súa entrega gratuíta de máscaras para as persoas de risco e das máscaras infantís.

Tamén se lle fixo entrega á Confraría de Arcade de máscaras para as mariscadoras xa que é un dos sectores máis expostos por ter que convivir en poucos metros cadrados mentres faenan.

O Concello de Soutomaior eloxia o compromiso dos empresarios e os empregados que seguen “ao pé do canón” para cubrir as necesidades máis básicas e ofrecer un servizo esencial detrás dun mostrador e noutros labores. Por iso, asevera que o equipo de Goberno sente na obrigación de ofrecerlles o material de protección do que logramos dispoñer para que poidan desempeñar o seu traballo coa máxima seguridade posible.

Os comercios locais que por calquera motivo non recibisen este material de protección poden poñerse en contacto coas oficinas municipais, protección civil ou ben a policía local para que se lles faga chegar o material necesario.

Así mesmo o Concello de Soutomaior espera empezar nuns días a entrega xeneralizada de máscaras a todos os habitantes do Concello xa que se está finalizando o proceso de acabado, desinfección e empaquetado de 7.000 máscaras TNT que confeccionaron voluntar@ s do Municipio.


Publicado en Sanidade
Visto 499 veces

Concellería de Sanidade
Casa do Concello

Soutomaior abre as súas praias sen parcelas nin cita previa

26-05-2020 / Sanidade

Nin parcelas, nin quendas, nin citas por internet. O Concello de Soutomaior decidiu non establecer ningún tipo restrición para o uso dos seus areais ao entrar en vigor a Fase 2 da desescalada. O Concello non ve viable instalar ningún tipo de limitación que garanta o acceso por parte de todos os veciños polo que decidiu abrir as súas praias cunha...