Luns, 02 Novembro 2020 10:26

Doazón de Sangue

Doazón de Sangue

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da

Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordó coas súas necesidades.

Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais

encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para escalonar a afluencia  de doadores, evitando esperas.

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Arcade (Soutomaior):

UNIDADE MÓBIL NA RÚA XOSÉ SOLLA Nº 2- 4

(ENFRONTE DA FARMACIA)

Mércores, 4 de novembro 16:00 a 21:00 horas


Publicado en Sanidade
Visto 134 veces

Concellería de Sanidade
Casa do Concello

Medidas de prevención específicas no Concello de Soutomaior – Covid 19

05-11-2020 / Sanidade

Con efectos desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, queda restrinxida a entrada e a saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais  delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio. Os cidadáns que residan nun deles poderán entrar e saír do resto sen limitacións. Non estará sometida a...