Xoves, 05 Novembro 2020 13:26

Medidas de prevención específicas no Concello de Soutomaior – Covid 19

Medidas de prevención específicas no Concello de Soutomaior – Covid 19

Con efectos desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, queda restrinxida a entrada e a saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais  delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio.

Os cidadáns que residan nun deles poderán entrar e saír do resto sen limitacións.

Non estará sometida a restrición ninguna a circulación en tránsito.

O perímetro que forman estes nove concellos será o límite que  só se poderá saír  salvo que existan causas xustificadas como:

a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.

c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.  

e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en te­rritorios limítrofes.

g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites adminis­trativos inaprazables.

i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

j) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

k) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

Permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público ou privado, tanto pechados como ao aire libre, quedará condicionada a que se trate tan só de persoas conviventes..

A limitación prevista neste número non será de aplicación no caso de actividades la­borais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballa­dores, e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Decrétase o peche temporal  de todos os establecementos de hostalería, salvo para ofrecer servizo a domicilio ou para recoller no local os pedidos que fagan os clientes.

O comercio poderá seguir aberto pero con limitacións de aforo ao 50%, do mesmo xeito que teatros e auditorios, que poderán ter público:  30 persoas en interior e 75 ao aire libre como máximo.

A práctica deportiva (non federada), pola súa banda, só poderá realizarse de maneira individual.

Segue en vigor a restrición de mobilidade desde as 23:00 a 6:00 horas

As novas restricións, entrarán en vigor o vindeiro  sábado ás 00,00 h  e estarán vixentes ata as 15.00 horas do día 4 de decembro.

 


 


Publicado en Sanidade
Visto 1705 veces

Concellería de Sanidade
Casa do Concello

Medidas de prevención específicas no Concello de Soutomaior – Covid 19

05-11-2020 / Sanidade

Con efectos desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, queda restrinxida a entrada e a saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais  delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio. Os cidadáns que residan nun deles poderán entrar e saír do resto sen limitacións. Non estará sometida a...