Venres, 07 Febreiro 2020 09:56

Seguridade viaria para os escolares

Seguridade viaria para os escolares

A Policía Local de Soutomaior, en colaboración con Policía Local de Sanxenxo, está a levar a cabo unha campaña para concienciar aos máis pequenos do municipio sobre a importancia da seguridade viaria. Máis de 500 alumnos, entre Educación Infantil e Primaria, dos centros educativos do Concello recibirán durante as próximas semanas nas súas clases unha serie de charlas sobre educación viaria impartidas por técnicos especialistas e membros da Policía Local.

Durante estas charlas, os pequenos aprenden como deben comportarse cando circulan como peóns, en bicicleta ou patinete ou son pasaxeiros nun vehículo. Ademais, mediante diversos xogos didácticos, proxeccións de debuxos animados e a participación da mascota “O poli Paco”, os pequenos tomaron boa nota da importancia do cinto de seguridade, os sinais de tráfico e os procedementos para cruzar a estrada de forma segura para eles e para os condutores.

A campaña comezou en decembro na gardería de Arcade, visitou onte o CEIP Padín Truiteiro e durante as próximas semanas chegará ao resto de centros educativos do municipio. O seu principal obxectivo é concienciar aos nenos da importancia da seguridade viaria na súa vida diaria, así como inculcarlles valores de respecto cara aos demais e mostrarlles unha imaxe da Policía Local máis próxima. Ao terminar a charla, premiando a súa atención e bo comportamento, os nenos recibiron un libro de Vos Bolechas sobre a seguridade viaria.


Publicado en Tráfico
Visto 177 veces


Concellería de Tráfico

Seguridade viaria para os escolares

07-02-2020 Tráfico

A Policía Local de Soutomaior, en colaboración con Policía Local de Sanxenxo, está a levar a cabo unha campaña para concienciar aos máis pequenos do municipio sobre a importancia da...

Inspección técnica de vehículos agrícolas.

05-08-2019 / Tráfico

A Unidade Móbil de inspección técnica de vehiculas agrícolas desplazarase ao Concello de Soutomaior o xoves  26 de setembro xunto o Campo de Fútbol de Salgueirón en Arcade. O horario será de 9,00 a 13,30 horas. Para solicitar cita previa: Por teléfono: 902 30 90 00 A través da páxina web: www.sycitv-Cita previa. A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de...

Aviso corte rúas con motivo do desfile de comparsas

06-03-2019 / Tráfico

O domingo 10 de marzo, a partir das 16.00 h. quedarán pechadas ó tráfico as Rúas Calvario, Xosé Solla e Rosalía de Castro,e tamén se prohibirá o estacionamento nas mesmas. O tráfico dirección Soutomaior – Vigo, se desviará na rotonda do Colexio Santiago Apóstol, polo Viso. O tráfico dirección Soutomaior- Pontevedra, poderá acceder pola Oliveira e continuar por Roxelio Landeiro coa posibilidade...

Inspección Técnica Vehiculos Agricolas

10-09-2018 / Tráfico

O xoves día 13 de setembro terá lugar a inspección técnica periódica de VEHÍCULOS AGRICOLAS. Lugar: Explanada Salgueirón, xunto ó Tanatorio de Arcade (Soutomaior). Horario de inspección: de 9:00 a 13:30 horas. A cita previa poderá concertarse a través da páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000. Aos vehículos agrícolas que se presenten sen cita previa asignarase día e hora de atención...

Aviso Tráfico

24-04-2018 / Tráfico

Por motivo da conexión á rede eléctrica do novo instituto vai permanecer pechado un carril da estrada EP2908 desde a subida ao C. P.I. Manuel PadínTruiteiro ata o instituto.  Rogamos desculpen as molestias

Carreira da Ostra - Aviso trafico

20-03-2018 / Tráfico

Con motivo da Carreira da Ostra que se celebrará o domingo 25 de marzo estarán pechadas a circulación de vehículos: De 11,00 a 14,00 h. : Rúa Peirao e Rúa Carburos De 11,00 a 13,00 h. as rúas Coutada, Roxelio Landeiro, O Conde, Verdellas Rosalía Castro, Pozobello, Velero, Lameiriñas, Caeiro, Barroncas  e a Ada. Xosé Solla (ata o nº 57 – Cruce...