Venres, 22 Mai 2020 12:50

A orde do BOE de hoxe non se aplica no noso Concello

A orde do BOE de hoxe non se aplica no noso Concello

As novas medidas para poboacións de menos de 10.001 habitantes que se relacionan no BOE do día de hoxe 22 de maio e que afectan á flexibilización da medidas circulación de persoas e á hostalería non terán efecto no noso Concello.

Esta orde ten por obxecto flexibilizar certas restricións nos municipios de menor tamaño que aínda se atopan en Fase 1 do Plan de transición cara a unha nova normalidade.

Esta orde será de aplicación tanto aos municipios como aos entes de ámbito territorial inferior ao municipio recolleitos no artigo 24 bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, cando teñan menos de 10.001 habitantes e densidade de poboación inferior a 100 habitantes por quilómetro cadrado.

 No noso municipio a densidade de poboación é de 290 habitantes por quilómetro cadrado polo que esta normativa non se pode aplicar ata que sexan reguladas medidas de carácter máis flexible que as contidas nesta orde.


Publicado en Alcaldía
Visto 1707 veces


Alcaldía
Casa do Concello

Novo calendario pago tributos municipais

02-06-2020 / Alcaldía

Normas para a cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos municipais. calendario de cobro de xuño a decembro do exercicio 2020.  A afectos de garantir ás persoas contribuíntes as maiores facilidades para o pago dos seus tributos durante un período temporal o mais escalonado posible dáse publicidade ao novo calendario de cobro de tributos do Concello de Soutomaior. Para a...

TV Alcaldía de Soutomaior