Luns, 28 Setembro 2015 09:47

Ministerio de Fomento

Ministerio de Fomento

Agustín Reguera xestiona en Madrid unha mellora da seguridade viaria na N-550 ao seu paso por Arcade.

O rexedor local reuniuse co Secretario Xeral de Infraestruturas no Ministerio de Fomento.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou a semana pasada, o Ministerio de Fomento para concretar melloras na seguridade viaria do acceso a Arcade pola N-550. Unha vella reivindicación que foi aceptada polo Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, quen se comprometeu a iniciar unha primeira fase de melloras nos próximos meses. Durante o encontro, o alcalde expuxo a súa preocupación polo actual estado das medidas de seguridade viaria na N-550, tanto lumínicas como de velocidade en toda a travesía de Arcade, e puxo no seu coñecemento a alta sinistralidade da mesma. Pola súa banda, o Secretario Xeral mostrouse receptivo ante a solicitude do rexedor, comprometiéndosea iniciar nas próximas semanas a licitación para os traballos dunha primeira fase de mellora que comprenderá os sistemas de iluminación e a instalación de infraestruturas de seguridade como beirarrúas inexistentes no tramo final da Feira de Arcade. Ademais de concretar as medidas para realizar nesta primeira fase, o encontro tiña como obxectivo solicitar a construción dunha rotonda na zona da Feira, que contribúa a regular o tráfico dunha maneira máis eficiente nas distintos cruces do lugar, ademais de reducir a velocidade dos vehículos neste tramo. Dita solicitude foi aceptada de bo grado polo representante de Fomento, quen se comprometeu a iniciar un estudo sobre esta posibilidade así como a súa inclusión nunha futura segunda fase de mellora para este tramo. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, tras a reunión mostrouse moi satisfeito polos acordos alcanzados que lle permitirán cumprir unha vella reivindicación dos veciños de Arcade. Conseguir reducir a sinistralidade na zona que ademais é moi frecuentada por peregrinos e mellorar os xiros onde se atopa o centro de saúde de Arcade ten que ser o noso obxectivo para maior tranquilidade dos veciños e visitantes.


Publicado en Alcaldía
Visto 3300 veces

Alcaldía

O Concello de Soutomaior conclúe o proxecto de Modernización e mellora do Multiusos de Arcade financiado

O Concello de Soutomaior conclúe o proxecto de Modernización e mellora do Multiusos de Arcade financiado

17-07-2023 / Alcaldía

O Concello de Soutomaior conclúe o proxecto de Modernización e mellora do espazo escénico e musical do Auditorio Municipal do Multiusos de Arcade financiado ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, co apoio da Xunta de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E) Tras valorar o Concello de Soutomaior...

Manu Lourenzo anuncia ás comunidades de montes que o goberno aumentará o número de hidrantes...

Manu Lourenzo anuncia ás comunidades de montes que o goberno aumentará o número de hidrantes...

08-07-2023 / Alcaldía

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, participou onte nunha reunión conxunta cos representantes das comunidades de montes do concello, na que tamén estivo presente a concelleira de Medio Rural e...

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, continúa a rolda de reunións para buscar solucións á...

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, continúa a rolda de reunións para buscar solucións á...

07-07-2023 / Alcaldía

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, segue a manter reunións con todas as administracións implicadas para buscar solucións o antes posible á situación da fábrica da Pontesa, que ardeu o...

O Concello de Soutomaior solicita unha reunión coa Dirección Xeral de Costas para atopar solucións á situación da Pontesa

29-06-2023 / Alcaldía

O Concello de Soutomaior vén de solicitar unha reunión coa Dirección Xeral de Costas para tratar de atopar solucións á situación derivada do incendio producido na Pontesa o pasado 6...

Gran acordo para recuperar a ostra en Arcade

14-04-2023 / Alcaldía

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, mantivo hoxe un encontro coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, na que obtivo o compromiso da Xunta de iniciar unha acción de investigación para...

Inaugurada a Academia de Música da Artística de Arcade

30-08-2022 / Alcaldía

Rematadas as obras de mantemento, insonorización e renovación da academia de Música da Banda Artística de Arcade, o pasado venres celebrouse a inauguración deste espazo, que luce agora moito mellor...

A mochila da luz pasa por Arcade escoltada polos maiores de Boas Apertas e por un grupo de gaiteiros

20-07-2022 / Alcaldía

A mochila da Luz, unha iniciativa que transporta unha luz acesa ao longo do Camiño de Santiago para homenaxear ás vítimas da pandemia, parou hoxe en Arcade. Un ano máis...

O Concello mantén a súa política de “taxas 0” nas terrazas para apoiar aos hostaleiros

16-06-2022 / Alcaldía

O concello mantense do lado dos hostaleiros locais, que, como vén sendo habitual desde hai anos, non pagan ninguna taxa polas súas terrazas. Esta axuda, que pretende potenciar o sector da...