Venres, 06 Setembro 2019 13:41

Baixada de carrilanas -Arcade 2019.

Baixada de carrilanas -Arcade 2019.

Domingo 8 de setembro.

A proba disputarase nun circuíto polos viais do barrio de Arcade de Riba ( Pozovello) é puntuable para a Copa Galicia. A competición percorre por terceiro ano consecutivo as costas deste barrio de Arcade cunha baixada que ofrece un circuíto de 1.200 metros de lonxitude, e sobre todo moi técnico para poñer a proba a pericia dos participantes.

Algunhas das carrilanas alcanzan medias superiores aos 60 quilómetros por hora, con velocidades puntas ata de 80, o que pon de manifesto a espectacularidade do trazado.

Organiza esta baixada a Asociación veciñal e Cultural Pozovello que conta coa colaboración do Concello de Soutomaior e a supervisión da Federación de deportes de inercia.

 O horario está previsto para iniciar as saídas, nunha primeira manga, sobre as 17,00 horas e prolongarase ata as 21,00 horas.

Os non federados para participar na “baixada” teñen que ingresar o importe do seguro ata o venres 6 de setembro. Debido a esta proba deportiva quedarán pechados ao tráfico os accesos a Arcade de Riba desde as 15,00 ata as 22,00 horas quedando en mans da Policía Local o control de acceso á zona da proba que espera reunir mais de 60 “ bólidos” nas súas distintas categorías.


Publicado en Deportes
Visto 848 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

III Gala do Deporte do Concello de Soutomaior

14-11-2019 / Deportes

Venres 15 de Novembro a partir das 20,30 horas – Multiusos de Arcade Presentado por Terío Carrera e o humorista Víctor Grande.  A gala divídese en tres apartados: 1º Deportistas destacados (nomeados polos seus respectivos clubs) Mateo Sobral  (Fútbol Masculino) – Miriam Martinez (Futbol Femenino) - Antonio Palmás y Daniela Alvarez(Piragüismo) - Jonathan Alvarez (Automovilismo) – Sabela Lourenzo (Patinaxe) – Mónica Alarcón (Ciclismo) -...

Antonio Palmás na final do campionato do mundo

17-10-2019 / Deportes

O piragüista Antonio Palmas disputará esta mañá (10,40 h) a final de K1 despois de clasificarse onte na semifinal en campionato do mundo 2019 ICF Canoe Marathon que se están disputando na cidade Chinesa de Shaoxing. Todas as regatas poden seguirse en directo pola páxina oficial do campionato do mundo ( https://www.canoeicf.com/canoe- marathon- world- championships/ shaoxing-2019) a partir das 10.30 horas...

DEPORTE escolas - Patinaxe

07-10-2019 / Deportes

DEPORTE escolas – Deputación Pontevedra - Patinaxe Convócase a todos os participantes das DEPORTE escolas de patinaxe a unha reunión que terá lugar no pavillón Municipal A Montesiña de Soutomaior o luns día 7 de outubro ás 18,00 horas

Festival Deportivo

04-10-2019 / Deportes

Pavillón A Montesiña – Sábado 5 de outubro ás 19,00 horas Con motivo da posta en servizo da remodelación do pavillón municipal terá lugar un festival deportivo no que intervirán os clubs Patinaxe Artistica Soutomaior, Kick Boxing Club Arcade e Club Treboada de ximnasia rítmica e acrobática. Máis de 160 deportistas dos tres clubs, que forman parte das escolas deportivas, poñerán a...

Obras no Pavillón Municipal “A Montesiña”

18-09-2019 / Deportes

Dentro do proxecto de melloras nas instalacións da área deportiva da Montesiña, continúan a bo ritmo as obras dentro do pavillón Municipal onde se está procedendo á substitución do pavimento deportivo tipo areaelastico con acabado de haxa sobre soportes elásticos de caucho. Realízase o desmonte e retirada da instalación de fontanería actual en ferro galvanizado, elementos de conexión, chaves de paso...

Inscricións Escolas Deportivas 2019-2020

06-09-2019 / Escolas Deportivas

O vindeiro luns día 9 ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas do Concello de Soutomaior 2019-2020. As inscricións pódense realizar ata o día 27 deste mes no Pavillón da Montesiña en horario a partir das 18,30 horas. O inicio das actividades será o luns 7 de outubro.