Venres, 29 Mai 2020 13:07

O C.D.Soutomaior sénior e o C.D.Arcade cadete ascenden de categoría.

O C.D.Soutomaior sénior e o C.D.Arcade cadete ascenden de categoría.

Ante as excepcionais circunstancias de forza maior que se derivan da pandemia COVID19, as ligas de fútbol non profesionais déronse por finalizadas coa clasificación existente ao 14 de marzo de 2020.

 Por iso dous equipos do noso Concello ascenderon de categoría, o C.D.Soutomaior Sénior e o C.D.Arcade Cadete.

Despois de varios anos tentándoo por fin chego o desexado ascenso do C.D.Soutomaior a 2ª autonómica. Con 17 partidos xogados, 11 gandos, 2 empatados e 4 perdidos estaba situado no 2º lugar de clasificación con 35 puntos.

Xunto co C.D.Soutomaior ascende a 2ª Autonómica a S.D.Monteporreiro.

O C.D.Arcade cadete figuraba na clasificación, no momento da suspensión, no segundo posto con 38 puntos despois de xogar 16 partidos, gañar 12, empatar 2 e perder 2 e con eses números lograron ascender a 1ª autonómica. Desde o Concello de Soutomaior queremos felicitar aos xogadores, técnicos e equipo directivo de ambos os clubs por este merecido ascenso


Publicado en Deportes
Visto 384 veces


Concellería de Deportes
Pavillón Municipal A Montesiña

Restricións deportivas – Covid 19

05-11-2020 / Deportes

De acordo coas novas restricións indicadas no DOG nº 223-Bis do 04-10-2020, o Concello de Soutomaior na súa parcela deportiva dispón: 1º.- Seguen suspendidas as Escolas Deportivas infantiles. 2º.- Suspender as clases de tenis e pádel adultos 3º.- Seguen pechados o Pavillón Municipal, Campos de Fútbol Municipais e demais instalacións recreativas deportivas do Concello (pistas patinaxe, multideportivas,etc.) 4º- Péchanse as pistas de pádel e...

Escolas Deportivas Infantiles Concello de Soutomaior

29-09-2020 / Deportes

Deportes/Horarios/Inscritos  Ante calquera dúbida ou consulta poñerse en contacto co Pavillón de Deportes (986700964) no horario establecido.

Axudas para deportistas individuais do Concello de Soutomaior 2020

25-09-2020 / Deportes

 A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior, sendo consciente das dificultades dos deportistas de modalidades individuais para progresar na súa formación integral e para participar en distintas competicións, propón a convocatoria de axudas para a promoción e difusión do deporte e para impulsar a práctica deportiva. As bases reguladoras da concesión destas axudas establécense de conformidade co disposto na Lei...

Escolas Deportivas 2020-2021 – Patinaxe

10-09-2020 / Deportes

As Escolas deportivas de patinaxe están orientadas ao divertimento e aos xogos todo iso sobre patíns. Téntase non centrar a actividade dentro da patinaxe artística e enmarcalo dentro dunha actividade recreativa e amplialo a través de dinámicas e xogos nos que practican avances, xiros, freadas e, mesmo, algunhas técnicas de slalom, todo iso dentro das idades programadas e as habilidades...

Escolas Deportivas 2020-2021

04-09-2020 / Deportes

O Concello de Soutomaior pon en marcha as Escolas Deportivas 2020-2021. Pádel e tenis (infantil e adultos), Baile moderno e de salón, patinaxe, ximnasia rítmica e acrobática, iniciación ao deporte , multideporte, natación, baloncesto e actividade física para adultos son as distintas opcións deportivas das Escolas Deportivas Municipais. O inicio está previsto para o luns 5 de outubro e seguirase un minucioso...

Mellora das instalacións na área deportiva do Pavillón Municipal.

03-09-2020 / Deportes

As obras consistiron na reparación de bancada en pista de padel con demolición parcial da existente, nova construción con bloque de formigón, todo iso revestido con morteiro de cemento e acabado con pintura plástica con desmonte e posterior montaxe de asentos de PVC existentes. Pintado interior de paredes con pintura plástica, lavable dúas mans, en paramentos verticais irregulares interiores ata unha...

TV Concellería de Deportes