Venres, 22 Outubro 2021 10:54

Campaña do 25N, día Internacional contra as violencias machistas

Campaña do 25N, día Internacional contra as violencias machistas

 Desde a concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior e o CIM, ponse en marcha a Campaña do 25N, día Internacional contra as violencias machistas, baixo o lema ULTRAVIOLETA.

A campaña, que continúa na senda dos obxectivos marcados no ano 2020 contra a violencia de xénero, ten coma principal obxectivo, poñer o foco, sobre as violencias menos visibles, mais non por iso menos perigosas ou menos presentes na nosa sociedade.

A luz Ultravioleta ou luz negra, ten entre outras aplicacións prácticas, na ciencia forense, a posibilidade de resaltar en cores fluorescentes na escuridade diferentes fluídos, tonos e rastros que pasan desapercibidos na luz do día, facilitando así a súa detección. A campaña, pretende do mesmo xeito, resaltar e axudarnos a detectar como sociedade, violencias que temos normalizadas, ou incluso xustificadas, dentro das relacións de parella que son un xeito de abuso e violencia emocional, e teñen unhas consecuencias importantes na saúde das mulleres, tanto a nivel psicolóxico coma físico, e que na actualidade forman un problema de saúde pública para a nosa cidadanía.

ULTRAVIOLETA, 25N, SOUTOMAIOR quere suliñar e poñer nome a todas esas desigualdades e abusos, dando luz para detectalas e identificalas como formas de violencias machistas que nos afectan de xeito transversal e estrutural a todas as mulleres, con maior ou menor intensidade, nalgún dos ámbitos das nosas vidas.

A campaña ULTRAVIOLETA, ilustrada pola artista viguesa Andrea Jano, e que xa vestiu o 25N do 2020 , desenvolverase coa participación do comercio local que o desexe, que dará visibilidade nos seus establecementos e escaparates á mesma e repartirán ao longo da xornada material da campaña.

As comerciantes que queiran participar na campaña, deben anotarse na web, para concretar cita para a recollida do material no Centro Multiusos en Arcade.

PROGRAMACIÓN 2021:

•                    • Invisibles: 30 de Outubro as 21h, no salón de actos do edifico Multiusos de Arcade. Representación da obra de teatro, baseada no libro homónimo de Monste Fajardo e gañadora de tres premios de teatro María Casares.

Invisibles é unha obra de teatro que presenta a tres mulleres, sete testemuñas todas cun fío común: a violencia de xénero. Esta baseado en historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias de violencia. A obra pretende concienciar e sensibilizar ás persoas espectadoras.

•                    • “O Candil”: 13 de novembro as 21h. no salón de actos do edificio Multiusos de Arcade. É unha comedia musical interactiva, sobre tres mulleres moi distintas, que buscan o propio ser ante un momento de confusión e cambio de mentalidade global. Atopámonos nos anos 1918. O musical é de balde. Prazas ate completar aforamento

•                    • A Biblioteca Municipal Luis Seoane, acollerá o día 26 de Novembro ás 18h. na biblioteca Luís Seoane de Arcade, a presentación do libro “Calladita no eres más bonita”, escrito por Nuria Prieto, baseado en testemuñas reais de mulleres novas menores de 30 anos ,vítimas de violencia machista ,a cargo da EDITORIAL MERAKI. Para a presentación e a posterior charla coloquio contaremos coa presenza da escritora e máis de Esther, testemuña no libro, que nos falará en primeira persoa sobre a súa historia.

Así mesmo, facilitará o préstamo de bibliografía respecto a esta temática ao redor da Campaña do 25N. ULTRAVIOLETA.

Todos os espectáculos e actividades terán entrada gratuíta e libre ata completar aforo.

.


Publicado en 25N (Igualdade)
Visto 295 veces

Igualdade

Comeza o curso de Arteterapia

Comeza o curso de Arteterapia

21-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

Hoxe tivo lugar a primeira sesión de Arteterapia, un obradoiro que promete mellorar a autoconciencia e a calidade de vida das súas participantes. Esta iniciativa, que se encadra dentro do Espazo de Autocoidado, involucra a preto de vinte mulleres. A concelleira de Igualdade achegouse ao multiúsos para coñecer as primeiras sensacións das participantes.

O Programa

O Programa "Enredadas" dinamiza as Asociacións Veciñais con vogalía de muller

16-03-2023 / Espazo Redes (Igualdade)

Hoxe tivo lugar unha nova reunión cas asociacións de mulleres e veciñais con vogalía de muller do noso concello. Estas reunións, que fan parte do Programa Enredadas teñen como obxectivo...

Presentamos o Campamento para favorecer a conciliación familiar en Semana Santa

Presentamos o Campamento para favorecer a conciliación familiar en Semana Santa

15-03-2023 / Espazo concilia (Igualdade)

O alcalde e a Concelleira de Igualdade presentaron o Campamento Concilia de Semana Santa. Esta iniciativa do Concello, organizada a través do CIM, busca ofrecer unha alternativa de conciliación familiar...

Arrinca a programación do 8M ca presentación dunha Guía Didáctica

08-03-2023 / 8M (Igualdade)

Hoxe comezamos ca programación do 8M ca presentación da Guía Didáctica ‘Historia do Movemento Feminista 1975 -1983’, elaborada pola nosa veciña Raquel Fernández. A obra fai un repaso á historia do...

A concelleira presenta as novas sesións de Arteterapia

07-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

O CIM ofrece un novo obradoiro dentro do Espazo de Autocoidado. Nesta ocasión será de Arteterapia. Todas as interesadas poden inscribirse xa nesta iniciativa que terá lugar os martes de...

Presentamos o Programa do 8M

06-03-2023 / 8M (Igualdade)

Como cada ano, no Concello de Soutomaior celebramos o día 8 de Marzo cunha programación que busca poñer en valor a figura da muller e ca promesa de seguir facendo...

Abrimos as inscricións para a XIV Xuntanza de Mulleres

03-03-2023 / Espazo Redes (Igualdade)

Tras o éxito dos pasados anos, o Concello de Soutomaior, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM), organizan a XIV Xuntanza de Mulleres do Concello...

Seguimos apostando polo benestar físico e mental

02-03-2023 / Espazo Autocoidado e Apoderamento (Igualdade)

Desde o Concello de Soutomaior, a través do CIM, púxose en marcha os obradoiros ‘Calma na Alma’ e ‘Empoderamento Corporal’, dúas iniciativas do Espazo Autocoidado.    En ‘Calma na Alma’’ trabállanse técnicas...