Venres, 13 Mai 2022 14:13

Volve a 'Xuntanza das mulleres': Este ano, turismo por Ourense, balneario e comida para confraternizar

Volve a 'Xuntanza das mulleres': Este ano, turismo por Ourense, balneario e comida para confraternizar

O próximo 4 de xuño, as mulleres de Soutomaior poderán gozar dunha excursión relaxante e divertida coa que escapar durante toda unha xornada da rutina.

Trátase dunha visita na que as participantes poderán gozar do coñecido balneario Arnoia  Caldaria. Despois, todas as asistentes compartirán unha comida en Ourense para posteriormente ocupar a tarde paseando pola cidade.

Esta  Xuntanza de Mulleres, que xa celebra a súa  XIII Edición, ten como obxectivo favorecer os momentos de lecer e desconexión entre as mulleres do  Concello, ademais de fortalecer os lazos entre veciñas, algo moi importante en momentos como os actuais, nos que a vida social da poboación viuse moi afectada.

A excursión dará inicio ás 8.30  h coa saída desde a para de autobuses escolar de Soutomaior e ás 9.00  h coa saída desde o Cruce de  Pierres.

As interesadas poden anotarse a través da pestana de inscricións de Gabinete Soutomaior ( t.ly/d-9X ), ou en persoa, na oficina do CIM no  Multiúsos. O prazo termina o día 30 deste mes e a excusión ten un prezo de 30 euros para empadroadas e 35 para non empadroadas.

 


Visto 346 veces

Igualdade

O Concello aposta polo benestar físico e mental cun obradoiro de respiración e relaxación

O Concello aposta polo benestar físico e mental cun obradoiro de respiración e relaxación

01-02-2023 / Igualdade

Desde o Concello de Soutomaior, a través do CIM, ponse en marcha o obradoiro ‘Calma na Alma’, no que se traballarán técnicas de respiración que nos permitan estar presentes durante o día, relaxar o noso corpo e aprender a xestionar adecuadamente as emocións co obxectivo de reducir a ansiedade e o estrés. O obradoiro terá lugar os luns de 10 a...

Preto de 700 consultas atendidas polo CIM o ano pasado, das cales 320 corresponden a...

Preto de 700 consultas atendidas polo CIM o ano pasado, das cales 320 corresponden a...

23-01-2023 / Igualdade

O Centro de Información á Muller de Soutomaior fai repaso do traballo desempeñado o pasado 2022 e destaca o gran número de persoas que se beneficiaron da súas iniciativas. Neste...

Mellora a túa calidade de vida co obradoiro de Empoderamento Corporal

Mellora a túa calidade de vida co obradoiro de Empoderamento Corporal

19-01-2023 / Igualdade

Desde o Concello de Soutomaior, a través do CIM (Centro de Información a Muller) ponse en marcha o obradorio de Empoderamento Corporal. A través da atención ao corpo e ao autocoidado...

O Espazo Concilia volve polo Nadal

04-12-2022 / Espazo concilia (Igualdade)

ESPAZO CONCILIA, é un programa de intervención comunitaria que se desenvolveu por primeira vez no verán do 2020, centrado na conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non...

Somos a sede da Mesa de Coordinación Interinstitucional para acabar ca violencia de xénero

02-12-2022 / 25N (Igualdade)

Onte celebrouse unha nova Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. No Multiúsos reuníronse representantes de varios sectores, dende os Corpos de Seguridade, ata a membros da Xunta...

Sempre do lado das víctimas: O concello presenta a campaña do 25N

11-11-2022 / 25N (Igualdade)

O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade e o CIM (Centro de Información a Muller) pon en marcha a campaña do 25 N, Día Internacional  violencias machistas...

Máis de vinte veciñas melloraron a súa empregabilidade gracias a "Galegas Dixitais"

27-10-2022 / Espazo Formativo e Cultural (Igualdade)

Hoxe o alcalde de Soutomaior e a Concelleira de Igualdade achegáronse á última sesión de 'Galegas Dixitais' para despedir ás participantes e agradecerlles o seu interese. A iniciativa tiña como...

As mulleres de Soutomaior poderán mellorara as súas habilidades informáticas e recibir un portátil completamente gratis

24-08-2022 / Espazo Formativo e Cultural (Igualdade)

O CIM coordina un programa de formación para a dixitalización das mulleres dirixido preferentemente ás mulleres desempregadas, pero aberto á todas as interesadas.    En total serán 120 horas nas que as...