Luns, 20 Marzo 2017 13:44

A Muller e o Mar

A Muller e o Mar

A Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior, inicia hoxe un dos derradeiros actos programados ó longo do mes de Marzo con motivo do Dia Internacional da Muller,  para visibilizar a figura femenina en relación o mundo do mar.

Hoxe, a edil de Igualdade, Cristina González Piedras,  inaguraba  a exposición da obra de Irene Silva Xiráldez, no Multiusos de Arcade, en relación a Muller e o mar.

 

FIGURANDO MULLERES

É unha pequena escolma de imaxes prendidas na memoria de Irene Silva, esencias e emocións que interpreta en figuras, trazos e cores onde a muller é a protagonista.

A presenza da muller é unha constante no seu traballo: mariscadoras, campesiñas, pandeireteiras, bañistas, todas e cada unha no seu estar, sen prexuízos e sen condicións.

Organizada polo Concello de Soutomaior, esta mostra pretende ser unha fiestra aberta na que podemos ver as mulleres, o seu traballo, a súa forza e a súa beleza con naturalidade, positiva e libremente interpretada pola mirada da artista.

A exposición permanecerá ata o vindeiro 31 de Marzo, onde se clausurará xunto coa proxección do documental local “ A muller e o mar”, dando inicio a programación da fin de semana da Festa da Ostra.

 

DOCUMENTAL LOCAL

Soutomaior é unha vila que dende sempre estivo ligado ó mar, un dos seus produtos máis destacados é a ostra que hai anos era unha das fontes de ingresos máis importantes para a Vila, co paso do tempo foron apracendo novos moluscos como o berberecho, ameixa, longueirón etc. A día de hoxe son moitas as persoas que viven do mar, sobre todo mulleres xa que sempre se destinou este tipo de traballo ás mulleres, falamos do marisqueo. Pero non so o marisqueo ten relevancia en Soutomaior a venda de peixe da ría fixo que este Vila estivera considerada como unha das máis atractivas na súa gastronomía, de sobra é ben coñecido a importancia da hostalería en Arcade.

A Muller e o Mar e unha documental que conta en primeira persoa como é o fascinate traballo das mulleres que cada día saen a faenar sen importar a inclemencia do tempo, o mar é un deses traballos que non pregunta se estás preparada,  el ponte a proba a cada momento. Pero como é esta vida dende dentro? A que  hora hai que erguerse para ir a mercar o peixe a ribeira do Berbés?  A Muller e o Mar ten a resposta.


Publicado en Igualdade
Visto 1946 veces


Concellería de Igualdade
CIM - Multiusos de Arcade

ULTRAVIOLETA: Dando luz ás violencias invisibles

17-11-2020 / Igualdade

Dende o Concello de Soutomaior e o CIM, ponse en marcha a Campaña do 25N, dia Internacional contra as violencias Machistas, baixo o lema ULTRAVIOLETA. A campaña ten coma principal obxectivo, poñer o foco, sobre as violencias menos visibles máis non por iso menos perigosas ou menos presentes na nosa sociedade. A luz Ultravioleta ou luz negra, ten entre outras aplicacións...

Programa de apoio a mulleres emprendedoras

03-11-2020 / Igualdade

O Concello de Soutomaior presentou o seu novo programa de apoio a mulleres emprendedoras. Baixo o título “Somos Expertas”, a iniciativa instruirá a 13 veciñas do municipio propietarias de negocios en conceptos comerciais asociados á relación co cliente, as novas tecnoloxías e o escaparatismo, entre outros conceptos. A iniciativa, debido á situación sanitaria, presentouse de forma telemática a través de Whatsapp...

Oficina de Servizos Sociais en Arcade

30-10-2020 / Igualdade

A actual situación está a aumentar o número de situacións sociais de emerxencia entre os máis desfavorecidos por iso e ante o volume de atención social e co obxectivo de valorar e solucionar as posibles dificultades sociais e para facilitar a tramitación de axudas e información, o Concello de Soutomaior informa que a oficina de Servizos Sociais ampliará a súa...

Campamento Urbano “Concilia en igualdade”

05-08-2020 / Igualdade

HORARIO E ACTIVIDADES Dentro do horario do programa de Conciliación se intercalarán actividades LÚDICO educativas DEPORTIVAS, XOGOS e OBRADOIROS, actividades e xogos ao aire libre, SEMPRE TRABALLANDO BAIXO A PERSPECTIVA DE XÉNERO. O HORARIO BASE do programa de Conciliación será é o seguinte: (EXEMPLO) MADRUGA 8:00 – 9:00h Aula matinal CAMPAMENTO 9:00 – 9:30h Acollida 9:30 – 10:20h 1º actividade 10:20 – 11:10h 2º actividade 11:15 – 11:45h Almorzo 11:45...

Visibilidade á loita contra a homofobia

03-07-2020 / Igualdade

 O Concello de Soutomaior uniuse esta pasada semana aos actos de conmemoración do Día do Orgullo LGTBI+ con diversas actuacións nos edificios municipais baixo o lema “Orgullo Soutomaior”. A principal é a creación de varios puntos para dar visibilidade á loita contra a homofobia e a instalación dun punto permanente de encontro e lectura na biblioteca municipal con literatura específica. Ademais...

Bono de aluguer para afectados polo COVID-19 no Concello

28-05-2020 / Igualdade

Os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior póñense ao dispor dos veciños do municipio para xestionar as súas solicitudes do novo bono de aluguer para afectados da Covid19 recentemente aprobado pola Xunta de Galicia. A axuda financiará unha porcentaxe do custo da vivenda aos veciños que se atopen en ERTE, diminución de xornada laboral ou en situación de desemprego motivada pola...