Venres, 12 Marzo 2021 09:22

Mellora na rede de recollida de residuos

Mellora na rede de recollida de residuos

O Concello de Soutomaior acaba de levar a cabo unha nova mellora na súa rede de recollida de residuos sólidos urbanos coa instalación de novos contedores en catro zonas de Arcade. Os novos contedores son un 33% máis grandes que os anteriores polo que mellorarán sensiblemente a capacidade de recollida en zonas nas que se detectou unha maior demanda.

En concreto instaláronse 14 novos colectores de recollida lateral para renovar por completo 3 illas de recollida e renovar varios contedores en diversos puntos que estaban deteriorados polo uso. Os novos colectores teñen unha capacidade de 3.200 litros e substitúen ás vellas unidades de 2.400 litros instaladas nas rúas Muxeira, Forneira e nas illas de recollida das zonas do Peirao e A Feira.

Dos novos 14 contedores, 9 están destinados á recollida de papel e cartón, vidro, envases lixeiros e 5 para os residuos sólidos urbanos.

A mellora conta cun orzamento de 12.878 euros que foron financiados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.


Publicado en Vias e Obras
Visto 329 veces


Concellería de Vías e Obras
Casa do Concello

Mellora na rede de recollida de residuos

12-03-2021 / Vias e Obras

O Concello de Soutomaior acaba de levar a cabo unha nova mellora na súa rede de recollida de residuos sólidos urbanos coa instalación de novos contedores en catro zonas de Arcade. Os novos contedores son un 33% máis grandes que os anteriores polo que mellorarán sensiblemente a capacidade de recollida en zonas nas que se detectou unha maior demanda. En concreto...