Que é
Son un conxunto de accións voluntarias integradas en varios programas municipais.
Que queremos
Que queremos?
-
DIFUNDIR E SENSIBILIZAR entre a poboación en xeral, o valor do voluntariado como forma de participación social e exercizo de corresponsabilidade.
-
INFORMAR E ORIENTAR sobre voluntariado: oportunidades e necesidades do mesmo, programas, recursos...
-
OFRECER SERVIZOS DE APOIO A ASOCIACIÓNS E VOLUNTARIOS/AS:documentación, formación e asesoría dirixida ás entidades e ás persoas voluntarias, para que consoliden a súa acción.
-
INTERMEDIAR para potenciar os vínculos entre organizacións e posibles voluntarios/as, aquí e en proxectos de voluntariado europeo.
-
FORTALECER O TECIDO ASOCIATIVO das áreas nas que traballamos mediante a información e a formación coas asociacións de mulleres, mocidades, veciñais, culturais, deportivas...
-
IMPULSAR O TRABALLO EN REDE, a nivel local e autonómico, de forma que se enriqueza a nosa práctica diaria e se fortaleza a acción.
Que facemos
Que facemos?
Se queres facerte voluntaria/o, agardámoste para:
-
INFORMARTE das organizacións, dos programas e dos postos de voluntariado.
-
ASESORARTE sobre os teus dereitos e deberes como voluntario/a.
-
FORMARTE para comezar a túa labor de voluntariado.
-
ACOMPAÑARTE na túa labor voluntaria.
Se sodes unha asociación, apoiámovos en:
-
DIFUNDIR a información das vosas actividades.
-
DERIVARVOS persoas voluntarias.
-
INFORMARVOS de recursos e actividades.
-
ASESORARVOS sobre temas de xestión e administración.
-
BUSCARVOS espazos de coordinación.
-
FORMARVOS nos temas que demandedes.
Onde
En que espazos e programas municipais podes realizar voluntariado?
No ámbito da educación, protección e respeto ao medio ambiente
"Voluntariado educación e sensibilización medio ambiental" Tipoloxía de funcións: Realizar un tipo de vixilancia disuasoria e limpeza de montes e áreas de lecer. Actividades de sensibilización en relación a temas mediambientais: montes, ríos, praias, etc. Restauración e recuperación ambiental de regueiros, de fontes e abrevadeiros. Actividades de identificación e conservación de rastros e sinais de fauna e tamén de flora. Fabricación e colocación de comedeiros e caixas niño para aves. Acondicionamento de Roteiros, etc.
No ámbito da promoción da xuventude
"Voluntariado xuvenil" no programa de Dinamizacion xuvenil: todas as actividades programadas pola Concellería de Xuventude, incluídas as escolas municipais: teatro, pintura, etc.
No "Programa de Información e documentación Xuvenil"
nas labores de difusión da información. Tipoloxía de funcións: Apoio na busca de información e participación na difusión da información da OMIX. Apoio na coordinación de execución de actividades,etc.
No ámbito da promoción da igualdade entre homes e mulleres.
"De igual a igual". Tipoloxía de funcións: Apoio nas visitas e excursións organizadas. Apoio e cooperación na organización, na execución e na avaliación de actividades de promoción da igualdade de oportunidades. Acompañamento a persoas usuarias para a realización de trámites administrativos, burocráticos ou de outra índole. Apoio en programas que fomenten a conciliación entre a vida laboral, familiar e persoal, etc.
No apoio á actividade deportiva "Voluntariado para o deporte".
Tipoloxía de funcións: Apoio nas Escolas deportivas municipais. Apoio en torneos e competicións deportivas. Colaboración na organización de actividades e competicións deportivas. Difusión da oferta deportiva, etc.
No ámbito dos Servizos Sociais "Voluntariado social"
de apoio a minorías étnicas, persoas con escasos recursos e poboación en xeral. Tipoloxía de funcións: obradoiros e charlas sobre saúde: alimentación, deporte, hábitos saudables en xeral,... Apoio en lingua galega e castelá para persoas estranxeiras. Apoio nas clases de reforzo escolar. Acompañamento na xestión e utilización de recursos da comunidade (ir a consulta médica, a tramitar distintas xestións, etc.), apoio no uso e manexo de novas tecnoloxías para a alfabetización dixital, etc.
No ámbito da participación veciñal "TECENDO REDES, voluntariado para a participación veciñal.
Tipoloxía de funcións: apoio na organización de actividades, apoio no fomento do asociacionismo e a vidal cultural do municipio. Apoio no fomento de iniciativas sociais e de creación de redes, etc.
Voluntariado
Quen é unha persoa voluntaria?
É toda persoa física que, de modo libre, altruísta e responsable, realiza actividades a favor de persoas ou do interese colectivo no seo de entidades de acción voluntaria, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e sen percibir ningún tipo de contraprestación económica.
Quen pode ser persoa voluntaria?
Toda persoa que sexa sensible coas problemáticas da comunidade e sen que sexa imprescindible unha formación académica anterior. Tan só é necesario dispoñer dalgún tempo para desenvolver algunha acción voluntaria e o compromiso persoal de levala a cabo. As accións voluntarias poderán ter algún requisito específico dependendo das características propias de cada acción e do perfil das persoas destinatarias.
As persoas menores de idade poderán participar en programas e proxectos de voluntariado especificamente adaptados ás súas características, mediante autorización expresa do seu pai/nai, dos seus titores/as ou da institución que os teña ao seu cargo, con respecto en todo caso á vontade da/o menor e tamén en función das características propias da acción voluntaria.
Por que ser voluntario/a?
Ademais, da gratificación persoal que se pode acadar colaborando de xeito altruísta en actividades que benefician á comunidade e polo tanto a todos e todas, o Concello de Soutomaior, certificará a actividade das persoas voluntarias con constancia dos seus datos persoais, da actividade desenvolvida e da súa duración. Esta experiencia pode ser moi útil para mellorar o currículo profesional.