Martes, 04 Outubro 2016 20:06

Acción voluntaria en actividade municipal

Acción voluntaria en actividade municipal

O Concello de Soutomaior pon a disposición da mocidade prazas para aquelas persoas que desexen adicar parte do seu tempo libre a actividades altruístas e de voluntariado.

Pódese participar en actividades municipais programadas como por exemplo: as actividades da escola de teatro, da escola de debuxo e pintura. Nestes programas a acción voluntaria consistirá en acompañar ó personal contratado que executa a actividade e colaborar na medida do posible no desenvolvemento das sesións apoiando o traballo realizado en temas transversais de sensibilización ou na formación de actitudes de respecto, tolerancia e non discriminación a través das artes plásticas ou do teatro.

Tamén se pode colaborar no servizo municipal de Deportes na actividade de NATACIÓN. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres e dezaseis anos coa que se trata de fomentar a participación deportiva, a ocupación do tempo libre dun xeito activo, a adquisición de habilidades acuáticas que permitan autonomía e seguridade neste medio, así como nas actividades de hixene e coidado corporal…

Nestas accións voluntarias poden participar mozos e mozas de 16 a 35 anos preferentemente que teñan un interese pola cultura e a formación das persoas. Estas accións permiten adquirir novas competencias mediante unha experiencia formativa no eido da educación non formal e da xuventude.

Descargas:

pdg Formulario de inscrición
pdg Autorización menores de idade


Publicado en Voluntariado
Visto 5973 veces

Voluntariado

Soutomaior presenta o seu novo Campo de Voluntariado .

Soutomaior presenta o seu novo Campo de Voluntariado .

03-06-2021 / Voluntariado

Ou Multiusos de Arcade acolleu a presentación do novo Campo de Voluntariado que a Xunta de Galicia poñerá en marcha non Concello de Soutomaior. A iniciativa, aberta a persoas desde...

Gracias voluntarias polo voso traballo

Gracias voluntarias polo voso traballo

13-05-2020 / Voluntariado

Ata 8.000 máscaras confeccionáronse no Concello de Soutomaior nas últimas semanas grazas ao traballo incansable e totalmente altruísta dun bo puñado de voluntarias. O Concello de Soutomaior agradece a súa solidariedade...

Fai voluntariado no Festival Soutopequeno

Fai voluntariado no Festival Soutopequeno

25-03-2019 / Voluntariado

As persoas interesadas en participar como voluntarias na organización do Festival Soutopequeno poden  inscribirse na web https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal2/vista-mensual/eventodetalle/2079/voluntariado-soutopequeno O festival de cine e música SOUTOPEQUENO celébrase no Concello de Soutomaior os días 28,29,30...

Campaña de sensibilización medio ambiental

18-07-2018 / Si quero, colaborar

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: imos informar e concienciar

13-07-2018 / Si quero, colaborar

O Concello de Soutomaior promove o voluntariado e a educación medio ambiental a través do programa SI QUERO, COLABORAR que se puxo en marcha este ano e que xa leva...

Domingo 15 de xullo: Imos informar e concienciar. Acción voluntaria

13-07-2018 / Si quero, colaborar

O  Concello de Soutomaior promove a educación medio ambiental baixo o lema SI QUERO, COLABORAR. Este programa iniciado no ano 2018 xa vai pola segunda acción que concluirá este domingo...

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Si quero, colaborar

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas...

2 de xuño: Hoxe imos limpar. Voluntariado e educación medioambiental

22-05-2018 / Si quero, colaborar

Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa...