Mércores, 13 Marzo 2019 09:40

Roti visita os comercios e o IES para dar a coñecer os ColeRoteiros

Roti visita os comercios e o IES para dar a coñecer os ColeRoteiros

Este martes 12 de marzo tivo lugar no IES a primeira reunión informativa coas familias para explicar o proxecto de camiños escolares ColeRoteiros. Na mesa informativa participaron 

  • Fátima Vidal – Concelleira de Educación.
  • Noelia Ocampo – Concelleira de Xuventude e Voluntariado.
  • Dirección do IES de Soutomaior.
  • Antonio Duarte – Xefe da policía local de Poio. Impulsor do Proxecto de Camiños Escolares Pontevedra.
  • Elena Rodríguez García – Coordinadora Provincial de Educación Vial. DGT
  • Técnica municipal de Xuventude.
  • Policía local de Soutomaior.
  • Técnicas municipais de Deportes.
  • Equipo de monitores/as acompañante dos ColeRoteiros.

Durante a sesión as familias puideron resolver dúbidas sobre o proxecto, facer propostas e respostas a moitos dos medos e incertumes sobre o mesmo. O proxecto ten como fin impulsar hábitos saudables entre a poboación xuvenil, promover valores como o respeto, a tolerancia, o compañerismo, a solidaridade... e tamén fomentar conductas de mobilidade máis respetuosas co medio ambiental, sostibles e non contaminantes. Ademais, numerosos estudos aportar información sobre os efectos positivos que teñen no rendemento escolar e no desenvolvemento físico e intelectual dos nenos e nenas que acuden ás clases andando ou en bici porque os estimula e favorece a comunicación como elemento importante para establecer relacións positivas que tamén favorecen a prevención do acoso escolar porque axudas a que as persoas aprendamos a relacionarnos e a xestionar as nosas emocións no día a día. 

Co proxecto tamén se pretende implicar a toda a cidadanía porque contémplase unha acción voluntaria mediante a cal as persoas poden inscribirse como voluntarios/as acompañantes, de seguridade ou informativos. As familias poden participar no proxecto deste xeito. Os comercios tamén poden participar inscribíndose como amigos/as dos ColeRoteiros para apoiar o proxecto e recibir a información e a pegatina adhesiva que os identifiqeu como tal.

O alumnado que queira participar no proxecto poderá facelo inscribíndose nas ROTIQUEDADAS. A primeira será o venres 29 de marzo. Haberá que inscribirse para organizar a todo o monitorado acompañante porque o alumnado en todo momento irá acompañado de monitores/as de educación vial, policía local, voluntariado e protección civil tanto do traxecto de entrada como no de saída do centros educativos. Coa inscrición recibirase o ROTIKIT con todo o material distintivo do proxecto para manter a seguridade en todos os traxectos.

As persoas interesadas podedes consultar toda a información e inscribirvos en:

https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-educacion/coleroteiros

Tamén podedes achegarvos pola OMIX onde poderedes ampliar información ou axudarvos coa inscrición.

 

 


Publicado en Educación
Visto 549 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

Visita ARGALLAR. Unha exposición para xogar coa aquitectura.

15-10-2019 / Educación

O Concello de Soutomaior organiza unha visita á EXPOSICIÓN ARGALLAR para o domingo 27 de outubro que se ubica no Museo do Monte Gaiás en Santiago de Compostela. Esta visita terá un carácter lúdico e didáctico que se complementará con máis actividades que se desenvolverán durante a xornada. ARGALLAR é un grande artefacto de compendio de xogos a partir da arquitectura...