Xoves, 05 Abril 2018 12:40

Taller Tecnolóxico no CPI Padin Truiteiro

Taller Tecnolóxico no CPI Padin Truiteiro

A concellería de Educación organiza esta semana un taller tecnolóxico no CPI Padín Truiteiro na que 100 moz@s do Concello aprenden robótica e programación.

 Robótica, electrónica, programación e impresión 3D, son algunhas das destrezas que 100 mozos do CPI Padín Truiteiro están a aprender esta semana grazas ao taller organizado polo Concello de Soutomaior.

O alcalde, Agustín Reguera, visitou esta mañá o desenvolvemento da iniciativa para compartir con eles “un intre divertido e diferente, no que os mozos poden aprender xogando”, explicou o edil.

O taller pretende espertar o interese dos máis novos facía a tecnoloxía mediante actividades que fomenten a motivación dos alumnos mediante retos e desafíos que provoquen a súa curiosidade.

Durante tres días, os estudantes programaron os seus propios videoxogos, deseñaron e construíron os seus propios robots cos que logo competiron e ata deseñaron pezas orixinais cunha moderna impresora 3D.

A iniciativa, dirixida a alumnos de 3º e 4º da ESO, ten un desenvolvemento completamente práctico para que os alumnos coñezan de primeira man a aplicación real destas tecnoloxías e a súa aplicación no tecido industrial, o que permite aos mozos imaxinar posibles profesións enfocadas á ciencia e a tecnoloxía. “Trátase dunha iniciativa diferente, que permite aos alumnos aprender de maneira diferente e práctica, pero sobre todo divertida”, comentou Reguera, que engadiu que “é a mellor maneira de achegar aos mozos á tecnoloxía, poñéndoa ao seu alcance e permitíndolles ser creativos con ela”.


Publicado en Educación
Visto 801 veces


Concellería de Educación
educacion@soutomaior.com

AVISO PROGRAMA ColeRoteiros

09-05-2019 / Educación

Queda cancelada a ROTIQUEDADA programada para este venres 10 de maio por causa do mal tempo. Sentímolo! Lembrade que a seguinte será o venres 31 de maio.