OBRADOIROS / Concellería de Igualdade  

Manipulador de Alimentos (3 h)

Inicio da actividade: 10-11-2022
Fin da actividade: 10-11-2022
Dias da actividade: Xoves 10 de novembro
Horarios: 11:00 h
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Prazas: 20 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

Inscricións: 
ata 7 de novembro 

DESCRICIÓN

Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Soutomaior desenvolverase o Plan Corresponsables Femupo ( Federación pola Igualdade das Mulleres na provincia de Pontevedra) que xorde baixo un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O obxectivo é desenvolver un dos principais eixes do Plan Nacional de Corresponsables que consiste en transformar o coidado de menores en actividade laboral regulada e facilitar a conciliación familiar e laboral. Un dos principais eixos do Plan é a formación gratuíta para que as mulleres poidan acceder ao Certificado de profesionalidade no coidado de menores de ata 16 anos. Comezamos cun curso de manipuladora de alimentos, de tres horas de duración, que se desenvolverá o día 10 de Novembro ás 11:00h, no edificio Multiusos de Arcade.

  

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 445