CURSOS / Concellería de Mocidade 

Preparación para as probas libres da ESO (30 h + 5 de reforzo)

Inicio da actividade: 07-02-2023
Fin da actividade: 25-05-2023
Dias da actividade: Martes e xoves
Horarios: de 18:30 a 20:30 h.
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: 20 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

Inscricións: 
ata 31 de marzo 

DESCRICIÓN

Impartir as ensinanzas básicas para que o alumnado adquira os coñecementos,  competencias e capacidades necesarias para presentarse ás probas libres que a Consellería de Educación convoca para a obtención do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria para persoas adultas.

CONTIDOS

 As probas están estruturadas en tres ámbitos:

Ámbito da comunicación: inclúe probas específicas correspondentes á Lingua castelá e literatura, Lingua galega e literatura e Lingua estranxeira. Os contidos sobre os que o adulto será avaliado figuran no apartado 4 da guía de información xeral.
Nos exames de lingua castelá e galega, o aspirante deberá demostrar a súa madurez para comprender, analizar e sintetizar textos escritos, e a súa capacidade para expresarse libremente. Por esta razón, o tribunal propoñeralle un tema de redacción en ambas linguas para que o desenvolva persoalmente.

Ámbito científico - tecnolóxico:inclúe probas específicas de Matemáticas, Tecnoloxía e Ciencias da natureza (contidos de Xeoloxía, Bioloxía, e Física e química).

Ámbito social: inclúe contidos correspondentes fundamentalmente a Xeografía e historia, con algunha cuestión concreta de Música e de Educación plástica e visual.

DESTINATARIOS/AS: maiores de 18 anos que non están matriculados de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial. Tamén poderán participar persoas menores de 18 pero non se poderán inscribir nas probas ata que teñan os 18 anos.

 

Descarga:

 INFORMACIÓN IMPORTANTE PROGRAMA DE FORMACIÓN (PDF)

Custe empadroados/as: 15€  (Custe total: 30€) Custe NON empadroados/as: 30€  (Custe total: 60€) Cotas: 2  Periodos de Pagos: febreiro/marzo e abril/maio Modo de pago: Bimensual (ou Custe total)   Documentos a entregar: Fotocopia de DNI (Participante), Tarxeta de desemprego (si é o caso) Forma de entrega: omix@soutomaior.com ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 612