CURSOS / Concellería de Mocidade 

Hixiene, atención sociosanitaria e nutrición en persoas dependentes (60+40 h.)

Inicio da actividade: 13-02-2023
Fin da actividade: 08-03-2023
Dias da actividade: Luns, mércores e venres
Horarios: de 09:00 a 14:00 h.
Destinatarios/as: 16 - e máis anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: 15 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

Inscricións: 
ata 7 de febreiro 

DESCRICIÓN

Con estas formación aprenderemos contidos sobre as características e necesidades de atención hixiénica e sanitaria das persoas dependentes. Identificando as súas características e necesidades, como se produce o proceso de avellentamento, enfermidades, convalecencias, etcétera. Aprenderemos tamén sobre tipos de unidades convivenciais, estruturas familiares, servizos e programas de atención a persoas dependentes, funcións das persoas coidadoras, como protexer e tratar con confidencialidade os datos e moito máis sobre o contexto de atención ás persoas dependentes, é dicir, coñecementos e habilidades para prestar unha atención profesional e personalizada  realizando intervencións adecuadas e aplicando técnicas de hixiene e aseo da persoa dependente pero tamén coidados a nivel emocional.

METODOLOXÍA: teórico – práctica.

Teórica: contaredes con profesorado para impartir os contidos do curso e resolver as dúbidas que vaian xurdindo, sempre partindo de casos prácticos que faciliten a comprensión dos contidos teóricos. Parte teórica presencial: 13, 15, 17, 20, 22, 24,  27 febreiro e 1, 3, 6 e 8 de marzo.

Parte práctica en empresas: consta de 40 horas e realízanse en empresas da zona de Pontevedra e Vigo ao rematar a parte teórica (residencias de maiores, centros hospitalarios con posibilidade de bolsa de traballo). En horario de mañá ou de tarde. Comezamos na semana do 13 de marzo. O desprazamento correrá a cargo do alumno/a.

Na segunda semana do curso comunicaremos as posibilidades de empresas a o calendario a cada persoa cos seus horarios tendo en conta as observacións realizadas na ficha previa entregada en aula.

 

Descarga:

 INFORMACIÓN IMPORTANTE PROGRAMA DE FORMACIÓN (PDF)

Custe empadroados/as: 15€  (Custe total: 15€) Custe NON empadroados/as: 45€  (Custe total: 45€) Cotas: 1  Modo de pago: Pago único   Documentos a entregar: Fotocopia do DNI (Participante), Tarxeta de desemprego (si é o caso) Forma de entrega: omix@soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 738