A aula de apoio educativo contempla unha liña principal de actuación centrada no reforzo das materias escolares a través de técnicas de organización e estudo pensadas para afianzar e mellorar as competencias educativas básicas.
O obxectivo é ofrecer ao alumnado un servizo de reforzo educativo que favoreza a comprensión dos contidos que se transmiten dende o centro escolar, creando hábitos de estudo eficaces e estimulando as capacidades persoais individuais.
Ofreceremos unha formación integral nas competencias básicas do alumnado a través de explicacións e a realización de actividades diversas que axuden a conseguir o éxito escolar nos estudos.
Traballaremos hábitos de organización e planificación do estudo nun espazo axeitado que favoreza a concentración: axenda, datas de entrega e tarefas pendentes, establecemento de horarios de estudo semanais, etc.
Daremos ferramentas e técnicas de estudo que permitan a adquisición de coñecementos dunha maneira autónoma e eficiente: lectura rápida e comprensiva, esquema, resumo, ideas principais, etc.
Faremos un traballo enfocado á atención personalizada das dificultades de cada alumno/a.
Esta actividade vai dirixida a alumnado de primaria (4º, 5º e 6º) empadroado no Concello de Soutomaior.