OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

ROTEIROS: Percorrendo a zona do Mosteiro de Oia (9 h)

PRAZAS COMPLETAS
Inicio da actividade: 05-03-2023
Fin da actividade: 05-03-2023
Dias da actividade: Domingo 5 de marzo
Horarios: 9:25 a 18:35 h.
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Menores: Menores con autorización, -16 anos acompañados
Prazas: 30 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: BUS: Concello - Cruce de Pierres

Inscricións:  desde 13 de febreiro
ata 27 de febreiro 

DESCRICIÓN

Neste roteiro repasaremos a historia local, desde a Prehistoria ata a actualidade, visitando a lugares de interese paisaxístico (bosque autóctono, vistas á costa de Oia e o seu Mosteiro, etcétera), enclaves arqueolóxicos (petróglifos da Pedreira, arredores do castro do Bosque) e outros lugares de interese histórico artístico como o Mosteiro cisterciense de Santa María de Oia e o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polas parroquias de Pedornes e Santa María de Oia. Coñeceremos os valores medio ambientais, históricos e culturais da paisaxe natural da zona costeira de Oia, un concello situado na contorna próxima de Soutomaior: ambos pertencen á mesma provincia, ao mesmo xeodestino (ría de Vigo-Baixo Miño). Aproveitaremos unha actividade física moderada, apta para todos os públicos, para gozar ao aire libre cunha actividade saudable, descubrir a riqueza patrimonial dos arredores de Soutomaior e concienciarse sobre a súa fraxilidade e necesidade de preservación. Coñeceremos outros espazos e sensibilizarémonos sobre o impacto que a acción humana ten sobre o medio para tentar reducilo. 

HORARIO BUS

Saídas autobús:

  • 9.25 h Casa Concello Soutomaior
  • 9.30 hCruce de Pierres Arcade 

Chegadas autobús:

  • 18.30 hCruce de Pierres Arcade
  • 18.35 hCasa do Concello
HORARIO PERCORRIDO:
  • 10:30h Recepción no punto de partida da ruta: Casa do Concello de Oia. Localización:https://goo.gl/maps/zdmG2NgKZj669Dao7
  • 12:30h Parada de descanso a metade de percorrido.
  • 14:30h Chegada á zona do Mosteiro e barrio do Arrabal. 
  • 14.45 h XANTAR
  • 16.30 h Percorrido con máis detalle o barrio do Arrabal na zona máis pegada ao mar (é o barrio histórico dos arredores do Mosteiro, e pasear vendo as casas históricas, algún miradoiro, os antigos cárceres e a Picota) ou, se finalmente hai a posibilidade, entrar no Mosteiro e facer a visita guiada. 
  • 17:30 Regreso Arcade - Soutomaior. 

 

CARACTERÍSTICAS:  Circular sinalizada. 

Duración: 4 horas, aproximadamente de duración do roteiro.  

Lonxitude: 7,5km. Dificultade moderada, con algún tramo con pendente moi pronunciada e chan irregular, especialmente nos primeiros km. A maior parte do percorrido é por pista de terra, aínda que tamén hai pequenos tramos de chan urbanizado nos núcleos de Arrabal e Chavella. 

Desnivel: 304m negativo/positivo. 

Altitude: 5m mínima/242m máxima

INICIOSairíamos da Casa do Concello (no Arrabal pero na Estrada Xeral) e rematariamos no Mosteiro e a zona do Arrabal máis pegadiña ao mar, practicamente pechando o  círculo.

CUSTE: de balde.

INSCRICIÓNS: 1 inscricions por participante

PERSOAS DESTINATARIAStodas as idades. Ter en conta as condicións e características do roteiro.

OBRIGATORIO: participar en todas as actividades propostas polo equipo de monitorado pois trátase dunha acción dirixida que ten uns obxectivos e contidos específicos que se realiza no marco dun programa e para participar as persoas deben adquirir este compromiso de responsabilidade

NÚMERO DE PRAZAS30.

Teñen preferencias as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Cubriranse por orde de inscrición. No caso de quedar prazas vacantes entón poderán entrar as persoas da lista de agarda que non estén empadroadas.

As persoas inscritas unha vez que lles sexa adxudicada a praza e que non asistan sen motivos xustificados serán penalizadas e non poderán volver a participar nos roteiros organizamos no ano en curso.

Material recomendado para realizar a actividade:

  • Calzado adecuado para camiñar.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío)...
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida (para a parada de descanso a medio camiño), auga ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.
  • XANTAR. Por conta propia ou en Restaurante. Enviaremos unha mensaxe para consultar este tema e xestionar o menú de grupo que correrá a conta de cada participante.

 

IMPORTANTE: Lembramos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.


Máis información na OMIX no teléfono 638822868 ou  no correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 984