OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

ROTEIROS: Reconectando coa Natureza (3 - 1/2 hora)

Inicio da actividade: 19-03-2023
Fin da actividade: 19-03-2023
Dias da actividade: Domingo 19 de marzo
Horarios: 10:00 a 13:30 h
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Menores: Menores con autorización, -16 anos acompañados
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: 20 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Barrio de Sameán

Inscricións:  desde 27 de febreiro
ata 13 de marzo 

DESCRICIÓN

Imos continuar coa liña iniciada anteriormente de propostas de roteiros sensoriais. Neste caso, cunha proposta específica que nos porá en contacto coa natureza cunha serie de dinámicas que axudarán a conectarse co entorno, co grupo e con un mesmo, para mellorar o noso benestar persoal e as relacións coas persoas sempre desde o respecto e a sostibilidade. 

A longo do percorrido, iremos parando en sitios seleccionados, que se adecúen á actividade a realizar: Camiñar descalzos/as, sentindo o contacto dos nosos pes na terra, sentindo que partes tocan o chan, como é o noso apoio e como nos sentimos co contacto directo da natureza; camiñar cos ollos tapados: ampliando os outros sentidos, confiando en nós e na persoa que nos acompaña: que estamos sentindo?como sentimos agora o chan baixo os nosos pes?; camiñar en silencio levando a atención á nosa respiración; meditación… entre outros. Chegando ao final ruta, concretamente na praia da Xunqueira, realizaremos a práctica de ioga, esta consistirá nunha práctica adaptada a todas as idades e terá unha duración, dunha hora cunha relaxación final coa que seguir a liña do traballo das dinámicas previas. Remataremos cunha posta en común.A actividade estará guiada por dúas especialistas: Érika Taracido, terapeuta transpersonal e regresiva e Monitora de tempo libre; xunto coa licenciada en Ciencias da Actividade Física e do deporte Myriam Vieitez, instrutora de Ioga por The Yoga Institute, India.

 

  • 10:00 Recepción: Aparcadoiro ao lado do parque infantil no Barrio Sameán Sucadiña (Concello de Soutomaior).
  • 10:05Inicio da ruta guiada desde o parque
  • 13:15Posta en común
  • 13.30 Fin. 

 

CARACTERÍSTICAS:  Roteiro circular non sinalizado.

Duración: 3h30 horas, aproximado. 

Lonxitude: 4,6 km. 

Dificultade: moderada, con algún pequeno tramo con pendente pronunciada e chan irregular. A maior parte do percorrido é por pista de terra, aínda que tamén hai pequenos tramos de chan urbanizado nos núcleos de Arrabal e Chavella.

Desnivel: 104 m negativo/positivo. 

Altitude: mínima 1m, máxima 63m

INICIOBarrio de Sameán (Ao lado do parque infantil)

CUSTE: de balde

INSCRICIÓNS: 1 inscricions por participante

PERSOAS DESTINATARIASTodas as idades a partir de 8 anos(menores de 16 anos acompañados/as de persoa adulta). No caso de que queiran asistir persoas menores desa idade poderán facelo pero tendo en conta que se terán que adaptar ao ritmo do grupo xeral.

NÚMERO DE PRAZAS20.

Teñen preferencias as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Cubriranse por orde de inscrición. No caso de quedar prazas vacantes entón poderán entrar as persoas da lista de agarda e as persoas non empadroadas en Soutomaior.

As persoas inscritas unha vez que lles sexa adxudicada a praza e que non asistan sen motivos xustificados serán penalizadas e non poderán volver a participar nos roteiros organizamos no ano en curso.

Prazo de inscrición: 27 febreiro a 13 de marzo 2023

Material recomendado para realizar a actividade:

  • Calzado adecuado para camiñar.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío)...
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga e algo pequeno para picar (froita, froitos secos, chocolate...)
  • Unha toalla ou “esterilla”para facer a práctica de ioga.

 

*As monitoras encargaranse de facer fotos que máis tarde compartiremos. Recoméndase gardar o móbil durante a actividade.

 

IMPORTANTE: Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.


Máis información na OMIX no teléfono 638822868 ou ben por correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 775