OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

ROTEIROS: Da Peneda ás estrelas (4 horas)

Completo
Inicio da actividade: 13-05-2023
Fin da actividade: 13-05-2023
Dias da actividade: Sábado 13 de maio
Horarios: 20:00 a 00:00 h
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Menores: Menores con autorización, -16 anos acompañados
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: 30 prazas
Acceso: De balde
Lugar da actividade: A Peneda

Inscricións:  desde 24 de abril
ata 8 de maio 

DESCRICIÓN

Neste roteiro, ademais de ver o que o ceo nos ofrece desde a Peneda tamén  consistirá en atopar e observar a biodiversidade da zona, tanto no que respecta a fauna como a flora do arredores do monte da Peneda. Faremos diversas paradas, en canto a fauna, centrándonos nos cantos e comportamentos , así coma nos anfibios e reptís autóctonos de gran valor para o ecosistema. Por tanto, á volta, unha vez rematada a observación dos astros, realizaremos a ruta de volta na que se fará especial fincapé nos animais de hábitos nocturnos.

20.00 Recepción. Inicio da ruta guiada desde a praza de Talo Río en Arcade

20:15 Saída cara o Monte da Peneda

20.45 Observación avifauna

21.00 Observación hérpetos

21.30 Chegada ao monte da Peneda

22:00 Explicación astronómica

22.30 Avistamento con telescopios 

23:00 Fin da actividade. Regreso e volta a Arcade (3km).

00.00 Regreso Peneda – Alameda Talo Río Arcade 

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Dificultade baixa- Percorrido por sendeiros e pistas de monte e costa. 
  • Lonxitude: 5 km aproximadamente
  • Desnivel: 106 (nivel do mar)

IDADES:

Todas. Ter en conta a tipoloxía da actividade. As persoas menores de 16 anos deberán de ir acompañadas cunha persoa adulta responsable 

OBRIGATORIO:

Participar en todas as actividades propostas polo equipo de monitorado pois trátase dunha acción dirixida que ten uns obxectivos e contidos específicos que se realiza no marco dun programa e para participar as persoas deben adquirir este compromiso de responsabilidade.

CUSTE: de balde.

NÚMERO DE PRAZAS: 30

Teñen preferencias as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior. Cubriranse por orde de inscrición. No caso de quedar prazas vacantes entón poderán entrar as persoas da lista de agarda que non estén empadroadas.

As persoas inscritas unha vez que lles sexa adxudicada a praza e que non asistan sen motivos xustificados serán penalizadas e non poderán volver a participar nos roteiros organizamos no ano en curso

MONITORADO: as persoas participantes irán acompañados do monitor/monitores na ruta de ida e volta e deberán levar lanternas e chalecos reflectantes, xa que á volta será pola noite.  Josué Gestido Biólogo especialista en guía e interpretación de itinerarios medioambientais. Equipo astroloxía da USC dos que aínda non temos datos.

 

Material recomendado para realizar a actividade:

  • Calzado adecuado para camiñar.
  • Roupa axeitada ao día: chuvasqueiro (se chove ou fai vento); pantalón cómodo, camiseta térmica (se fai frío)...
  • É recomendable levar unha pequena mochila con auga para a camiñata, comida (para a parada de descanso a medio camiño), auga ou outras cousas que se consideren necesarias tendo en conta cada roteiro.

Material obrigatorio:

Lanternas e chalecos reflectantes, xa que á volta será pola noite. 

 

IMPORTANTE:

Recordamos que os/as guías son titulados/as e a actividade realizarase baixo unha póliza de R. Civil e accidentes derivados da organización do evento pero non dos accidentes provocados por outros motivos. Si se produce algún cambio na organización comunicarémolo o antes posible a cada participante.

 

Máis información na OMIX no teléfono 638 822 868 ou por correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Modo de pago: Non reporta pago   

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 1094