CURSOS / Concellería de Mocidade 

Monitor-a de tempo libre (350 h)

Inicio da actividade: 04-03-2023
Fin da actividade: 06-05-2023
Dias da actividade: sábados todo o día e domingo de mañá (teoría)
Destinatarios/as: 18 - e máis anos
Público dirixido: Público Xeral
Prazas: 25 prazas
Acceso: De pago
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

Inscricións: 
ata 24 de febreiro 

DESCRICIÓN

Os contidos básicos recollidos no Decreto 50/2000 do curso oficial de monitores/as de tempo libre de Xunta. Inclúe saídas medio ambientais, formación en escalada, en paddle surf, en kaiak, actividades prácticas durante a formación, formación en igualdade, formación en necesidades especiais alimentarias, etc. O curso consta de 200 h teórico - prácticas e 150 h prácticas nunha entidade que realice actividades educativas no ámbito do lecer e tempo libre ou en campamentos. 

Modalidade mixta: 145 h presenciais e 55 h en liña correspondentes coa parte teórico práctica.

Datas e horarios da formación impartida presencialmente (145 h): 4,5,11,12,18,19,,25,26 de marzo; 1,2,7,8,9,15,16,22,,23,29,30 de abril; 6 de  maio. Horario: Sábados de 9 a 14 h e de 16 a 21h e domingos de 9 a 14 h. 

Datas da formación impartida en liña (55 h):

5,,12,19,26 de marzo; 2,8,15,22,29 de abril; 6 de maio.

Non é preciso estar conectado/a no horario da formación en liña establecido para cada clase, dando a facilidade ao alumnado de realizar as tarefas correspondentes durante os 5 días posteriores á clase en cuestión. Toda a documentación coa que se traballará en cada clase estará subida á plataforma. Cada clase ten un código de acceso, e este é facilitado ao alumnado o día previo ao inicio da clase, sendo posible acceder os días posteriores. Cada clase en liña ten unha duración de 5 horas e a avaliación do alumnado na mesma realízase mediante:

  1. Entrega dunha actividade
  2. Realización dun test de avaliación de 10 preguntas sobre a materia impartida.
  3. Participación na dinámica grupal proposta. 

 

Descarga:

 INFORMACIÓN IMPORTANTE PROGRAMA DE FORMACIÓN (PDF)

Custe empadroados/as: 65€  (Custe total: 130€) Custe NON empadroados/as: 106€  (Custe total: 212€) Cotas: 2  Periodos de Pagos: 50% inicio y 50% mitad curso Modo de pago: Pagos a plazos   Documentos a entregar: Fotocopia do DNI (Participante), Tarxeta de desemprego (si é o caso) Forma de entrega: omix@soutomaior.gal ou Whatsapp: 638 822 868

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 444