OBRADOIROS / Concellería de Igualdade  
Campamento de Nadal: conciliación da vida familiar e laboral 
Prazas completas

Inicio da actividade: 26-12-2023
Fin da actividade: 29-12-2023
Dias da actividade: 26, 27, 28 e 29 de Decembro
Horarios: según opcións
Destinatarios/as: 3 - 14 anos
Menores: Menores con autorización
Público dirixido: Público Infantil
Prazas: 50 prazas por orde de inscrición
Acceso: De balde
Lugar da actividade: Multiusos, Arcade

Inscricións:  desde Luns 27 de novembro ata Xoves 7 de decembro 

 

DESCRICIÓN

 

Normas para o campamento
Desde o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade, ponse en marcha o programa Espazo Concilia: Soutomaior Concilia, campamentos de nadal. Programa destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola para as familias do Concello de Soutomaior.
 
Vai dirixido ás crianzas empadroados/as no Concello de Soutomaior de entre 3 e 14 anos de idade. O horario é de 9 da mañá ás 14 h, pero existe a posibilidade de entrar ás 8 h (aula matinal) e de saír ás 15 h.
Polo tanto existen 4 horarios a escoller:
 
  • Opción 1: de 8 a 14 h.
  • Opción 2: de 8 a 15 h.
  • Opción 3: de 9 a 14 h.
  • Opción 4: de 9 a 15 h.
  
Con relación ás inscrición e a asignación de prazas:
A inscrición das solicitudes poden facerse na páxina web do gabinete de prensa do Concello de Soutomaior ou nas oficinas do CIM os martes ou venres  de 9 a 14 h.
Desde o luns 27 de novembro ate o ás 14:00 h do xoves 7 de decembro.
O martes 12 publicarase o listado de crianzas admitidas. NON SE CHAMARÁ PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
 
Valoracións e puntuación:
Asignaranse prazas segundo os  criterios de vulnerabilidade, acreditándose no momento da inscrición, adxuntandos a casilla correspondente, de non ser así, non se computarán.
  • Familias monomarentais/parentais
  • Vítima de violencia de xénero
  • Perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares
  • Familias con diversidade funcional
  • Familias numerosas
 
Documentación a presentar na plataforma durante a inscrición:
Por favor, teña toda a documentación a man, para enviala xunto coa solicitude.
NON se admitirán as solicitudes que NON estean acompañadas da documentación requirida.
  • DNI da crianza (de non dispoñer del, fotocopia do libro de familia)
  • DNI da nai e o pai
  • Acreditación dos criterios de vulnerabilidade, imprescindible  para a súa valoración
As persoas que non presenten toda a documentación requirida, quedarán automaticamente excluídas da convocatoria. 
 
Con relación á asistencia no Campamento:
No caso de non acudir e o non alegar xusta causa, penalizarase de cara a futuras convocatorias dentro do programa de Espazo Concilia. Para resolver calquera tipo de dúbida, poden chamar o CIM 986 701 227, martes ou venres, en horario de 9 a 14h.

* Dirixidos a persoas empadroadas no Concello de Soutomaior

Horarios opcionais: Opción 1: 08:00 a 14:00 h Opción 2: 08:00 a 15:00 h Opción 3: 09:00 a 14:00 h Opción 4: 09:00 a 15:00 h Modo de pago: Non reporta pago   Documentos a entregar: Fotocopia do DNI (Participante), Fotocopia do DNI (Pai/nai/titor), Acreditación dos criterios de vulnerabilidade

 

Inscrición en LIÑA

 


Accesos : 833