Category Image  EVENTOS / Concellería de Cultura  
10dd7f46ca2f22ce7ce9308c89d2507c_XL.jpg

 

Contacontos: O Apalpador 

Data: Mércores, 27. Decembro 2017
Horario: 19:00 20:00 h.
Destinatarios: Todas as idades - e máis anos
Lugar da actividade: Biblioteca Municipal

Descrición:

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos a noite de ano vello (ou a de nadal). Baixa das devesas do Courel, entra pola noite nos cuartos das nenas e nenos e moi silenciosamente lles apalpa as súas barriguiñas por ver se están mantidos. Se están cheas dilles: «Así, así esteas todo o ano» e déixalles unha presa de castañas. Senón cala, pero tamén lles deixa as castañas.

Anxo Moure e O Apalpador nun acto organizado polo Concello de Soutomaior e a Deputación Provincial


Accesos : 521