OBRADOIROS / Concellería de Mocidade
Xogo de escapismo en vivo en Soutomaior
Ofrecer un xogo de escapismo en vivo nun entorno natural ao aire libre no que se mesturen contidos sobre a historia do municipio coa promoción de actitudes saudables e valores de respecto e conservación do medio natural.
Metodoloxía: as persoas inscritas serán divididas en grupos e cada grupo terá que conseguir rematar o xogo partindo dunha regras que se indicarán antes do inicio. Os participantes soamente terán que aportar o atrezo que se lles pida para a actividade.
Percorrido: Praia da Muxeira, Illas Alvedosas, Illa Medal, río Verduxo e praia da Xunqueira de Arcade.
Accesos : 1254 |